Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de xuño de 2020 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 78/2020, no expediente de reposición da legalidade LUG/12/2013.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo, en relación co procedemento ordinario 78/2020, interposto por Asfaltos y Viales, S.L. contra a resolución desestimatoria ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 16.1.2020, expediente LUG/12/2013, interposto contra outra do 30.6.2014 pola que se declara que as obras consistentes na instalación de planta fixa de aglomerado en quente (con moegas de almacenaxe, báscula e unha zona de almacenaxe tipo silos de formigón con material de agregados almacenado, rampla na zona de moegas, caseta de obra, contedor metálico e alpendre) e do sistema de produción de aglomerado frío (con moegas e material de agregados almacenado), realizadas con posterioridade ao ano 2007, e ampliación da nave orixinaria, no lugar de Morgade, concello do Saviñao, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, e ordena a demolición das obras, o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, para o que se fixou un prazo máximo de tres meses, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Purificación Veiga López para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística