Mediante Resolución do 16 de outubro de 2017 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG núm. 206, do 30 de outubro de 2017).
Na dita resolución, no seu punto terceiro, establécense os créditos dispoñibles, que para a liña de préstamos IFI Innova eran inicialmente de 1.000.000 de euros para cada un dos anos 2017, 2018 e 2019 na partida orzamentaria 09.A1-741A-8310.
Mediante Resolución do 27 de decembro de 2018 (DOG núm. 247, do 28 de decembro), publicouse unha modificación das bases reguladoras, nas cales, entre outros aspectos, se estendeu o prazo de presentación de solicitudes e se redistribuíron as anualidades dos créditos orzamentarios, que en particular para os préstamos IFI Innova quedaron establecidos en 2.000.000 de euros para o ano 2018, 500.000 € para o 2019 e 500.000 € para o ano 2020.
Posteriormente, por Resolución do 7 de outubro de 2019 (DOG núm. 197, do 16 de outubro), foi introducida unha modalidade de préstamos IFI TUR, cuxo orzamento se estableceu conxuntamente coas liñas de préstamos IFI Industria 4.0 e IFI Relanzamento. A liña de préstamos IFI Innova non foi modificada.
Conforme o establecido na Resolución do 16 de outubro de 2017, o director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.
Tendo en conta o volume de solicitudes recibidas pendentes de resolver e tratando de dar resposta á ampla demanda de axuda, logo de achega orzamentaria procedente da Axencia Galega de Innovación (Gain), semella oportuno incrementar o importe aprobado para as axudas establecidas nestas bases na partida orzamentaria 09.A1-741A-8310, liña de préstamo IFI Innova para o exercicio 2020 nun importe de 1.200.000 €.
Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Único. Amplíase o crédito establecido na partida 09.A1-741A-8310, liña de préstamos IFI Innova en 1.200.000 € para o exercicio 2020 nas bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, publicadas mediante Resolución do 16 de outubro de 2016 (DOG núm. 206, do 30 de outubro de 2017), e modificadas polas resolucións do 27 de decembro de 2018 (DOG núm. 247, do 28 de decembro) e 7 de outubro de 2019 (DOG núm. 197, do 16 de outubro), co que queda establecida a distribución por anualidades como segue:
Partida orzamentaria |
Liña préstamo |
Ano 2018 |
Ano 2019 |
Ano 2020 |
09.A1-741A-8310 |
IFI Innova |
2.000.000 € |
500.000 € |
1.700.000 € |
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2020
Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica