Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 1 de xullo de 2020 Páx. 26107

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Fornelos de Montes para desenvolver as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación de diversos ingresos de dereito público.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de abril de 2020, acordou aceptar, de conformidade co previsto nos artigos 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais; 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e no 11 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, a delegación e a encomenda de xestión que realizou o Concello de Fornelos de Montes, por acordo do Pleno na sesión de data do 31 de outubro de 2019, da xestión, inspección, liquidación e recadación de diversos ingresos de dereito público.

As delegacións e a encomenda de xestión aprobadas polo Pleno do Concello de Fornelos de Montes Pleno realizaraas a Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 27 de abril de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2020002793, do 16.3.2020)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Economía, Facenda
e Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra