Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 1 de xullo de 2020 Páx. 26109

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Tomiño para desenvolver as facultades de xestión, liquidación e recadación da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de maio de 2020, acordou aceptar, de conformidade co previsto nos artigos 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Tomiño por acordo do Pleno na sesión do 27 de febreiro de 2020, para desenvolver as facultades de xestión, liquidación e recadación da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica.

A citada delegación realizaraa a Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 2 de xuño de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2020002793, do 16.3.2020)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Economía, Facenda
e Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra