Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 2 de xullo de 2020 Páx. 26152

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos nas probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listas provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 27 de febreiro de 2020, pola que se convocan as probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 45, do 6 de marzo).

A listaxe provisional de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

A listaxe provisional de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos dispoñerán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión, serán excluídos definitivamente.

Así mesmo, os aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos dispoñerán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.

A Estrada, 27 de xuño de 2020

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Nome

Clave

Alfaya García, Luis Miguel

2

Capostagno, Calogero

2

Fernández Touriño, Javier

1

Fernández Molanes, Xoel

2

Framil Lea, Francisco Javier

1

López Álvarez, Eladio

2

Molinos Rodríguez, Irene

2

Pérez Mallou, Susana

2

Porta Novoa, Enrique

2

Código

Descrición

1

Debe presentar documentación acreditativa da exención do pagamento

2

Non achega fotografías tamaño carné ou mal escaneadas