Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26403

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2020 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Unha vez aprobado o Programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2020 polo Consello Reitor deste organismo, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, procede convocar as actividades de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2020 para o persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que se detallan nos anexos desta resolución. Por tanto,

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2020

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos/das participantes

1. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e na Administración institucional, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional; o persoal das escalas dos corpos da Policía de Galicia e os bombeiros, e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe de destinatarios da actividade formativa.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como ás súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 16 de xullo de 2020.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo
https://egap.xunta.gal/matricula, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

3. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando a/o alumna/o teña coñecemento de que foi seleccionada/o para un curso que teña coincidencia horaria con outro no que xa foi seleccionada/o, debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que unha persoa realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación e/ou telepresenza deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza, contarán ademais cun manual de usuario na páxina web da EGAP na seguinte ligazón
https://egap.xunta.gal/formulariosrecursos, onde se indicará como acceder a esta plataforma de telepresenza e os compoñentes que o equipamento necesita para un funcionamento básico da plataforma.

8. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (como, por exemplo, discapacidade) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), e do enderezo de correo electrónico
xestion.egap@xunta.gal.

Cuarta. Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos das persoas interesadas necesarios para realizar o proceso de selección das actividades formativas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A presentación da solicitude comportará a autorización da persoa solicitante ao órgano xestor para pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios da EGAP.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe de destinatarios de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.

O baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2020, segundo a Resolución da Consellería de Facenda do 30 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 27, do 10 de febreiro), comezarase pola letra S.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou que ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo
https://egap.xunta.gal a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpor recurso de alzada no prazo dun mes desde esa publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios de edicións ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte do persoal responsable dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar preferentemente o enderezo de correo electrónico
xestion.egap@xunta.gal, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. Asistencia á actividade formativa:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos os controis extraordinarios.

c) Seguimento das actividades presenciais:

1) As faltas ás actividades presenciais non poden superar en ningún caso o 10 % da duración da actividade. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os/as responsables da actividade formativa nun prazo máximo de dez días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2) Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % da duración da actividade pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

e) Seguimento das actividades impartidas na modalidade mixta:

As faltas de asistencia nas horas presenciais da actividade non poderá superar o 10 % da duración desta. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría na parte de teleformación da actividade pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

f) Seguimento das actividades de telepresenza:

1) As faltas de asistencia virtual ás actividades de telepresenza non poden superar en ningún caso o 10 % da duración da actividade. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os/as responsables da actividade formativa nun prazo máximo de dez días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2) Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia virtual ás actividades de telepresenza superen o 50 % da duración da actividade, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3) As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar as probas de avaliación que para os efectos se establezan, tanto na modalidade de teleformación, na mixta, en telepresenza como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas desenvolveranse con carácter xeral en liña, agás no caso dos cursos presenciais.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A realización adecuada de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten á súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Persoal destinatario

Modalidade Localidade

Datas
e horario

Data e hora do exame

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

FC20151

Nóminas e retribucións do persoal

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

22.10.2020 ao 16.11.2020

20.11.2020 10.30 h

FC20152

O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

28.9.2020 ao 22.10.2020

26.10.2020 13.30 h

FC20156

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

29.9.2020 ao 19.10.2020

23.10.2020 13.30 h

FC20157

Transparencia e acceso á información pública

25

18

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Telepresenza

10,12,17,19, 24 e 26 de novembro das 16.30 ás 19.30 h

26.11.2020 18.30 h

FC20158

A axilidade na contratación pública: contratación menor e procedemento aberto simplificado

30

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Presencial Santiago de Compostela

16,17,18, 23 e 24 de novembro das 16.30 ás 19.30 h

24.11.2020 18.30 h

FC20159

A accesibilidade universal

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

22.10.2020 ao 16.11.2020

20.11.2020 13.30 h

FC20160

A Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

22.10.2020 ao 16.11.2020

20.11.2020 11.30 h

FC20161

Estrutura e composición de documentos de contido xurídico integrantes de expedientes administrativos

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

5.10.2020 ao 26.10.2020

30.10.2020 11.30 h

FC20163

Modificacións orzamentarias

35

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Mixto

Santiago

14.9.2020 ao 28.9.2020

Horario clases presenciais: 15 e 22 de setembro das 16.30 a 19.30 h

2.10.2020 9.30 h

FC20166

Regulación legal do acoso escolar (bullying)

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

27.10.2020 ao 26.11.2020

3.12.2020 10.30 h

FC20167

Transparencia: aceso á información pública e publicidade activa

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

14.9.2020 ao 9.10.2020

16.10.2020 13.30 h

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

FC20150

Introdución ao dereito da UE para os xestores públicos

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

19.10.2020 ao 16.11.2020

20.11.2020 12.30 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

FC20146

Como deseñar presentacións eficaces

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

9.11.2020 ao 30.11.2020

3.12.2020 12.30 h

FC20147

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

5.10.2020 ao 26.10.2020

30.10.2020 12.30 h

FC20148

Como traballar a educación emocional infantil

30

15

Aproveitamento

Psicólogos/as, pedagogos/as, persoal das escolas infantís, educadores/as ou auxiliares coidadores/as e outros/as profesionais relacionados coa educación infantil, máis aínda para aquel persoal que traballe con nenos e nenas en risco ou con necesidades especiais. Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Presencial

Santiago de Compostela

21, 23, 24, 28 e 30 de setembro das 16.30 ás 19.30 h

30.9.2020 18.30 h

FC20149

O acoso psicolóxico na contorna laboral

24

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Presencial Santiago de Compostela

16,18, 23 e 25 de novembro das 16.30 ás 19.30 h

25.11.2020 18.30 h

FC20153

Planificación e toma de decisións

25

16

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Telepresenza

7.10.2020 ao 15.10.2020

Horario clases telepresenciais:

5, 7, 8, 13, 14 e 15 de outubro das 17.00 ás 19.00 h

15.10.2020 18.00 h

FC20154

Protocolo avanzado

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

5.10.2020 ao 26.10.2020

30.10.2020 13.30 h

FC20164

Ética pública: os códigos éticos e o código ético da Xunta de Galicia

50

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

9.11.2020 ao 21.11.2020

25.11.2020 11.00 h

FC20165

Prevención e xestión de conflitos

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

13.10.2020 ao 7.11.2020

12.11.2020 10.30 h

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

FC20155

Creación e edición de arquivos dixitais con Acrobat XI Pro

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

19.10.2020 ao 12.11.2020

17.11.2020 10.30 h

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

FC20096

A pericia de traballo social no ámbito penal

35

8

Aproveitamento

Traballadores/as sociais da Xunta de Galicia, con preferencia dos traballadores/as sociais do Imelga

Presencial Santiago de Compostela

17.9.2020 das 9.00 ás 14.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

17.9.2020 18.30 h

Prevención de riscos laborais

FC20099

Prevención de riscos laborais: seguridade nos traballos de laboratorio

50

25

Aproveitamento

Persoal que desenvolve o seu traballo nos distintos laboratorios e os restauradores/as de museos, arquivos e bibliotecas da Xunta de Galicia, que están en contacto con substancias químicas

Teleformación

16.10.2020 ao 11.11.2020

18.11.2020 12.30 h

FC20100

Prevención de riscos psicosociais: o estrés laboral

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

23.9.2020 ao 13.10.2020

16.10.2020 9.30 h

Consellería de Facenda

FC20168

A potestade sancionadora en materia tributaria: procedemento e réxime sancionador

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

26.10.2020 ao 24.11.2020

30.11.2020 11.30 h

FC20169

Procedemento revisor da Administración tributaria

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

28.9.2020 ao 22.10.2020

28.10.2020 9.30 h

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

FC20120

Fundamentos de QGIS aplicado ao planeamento urbanístico no ámbito da Administración autonómica

50

35

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

22.10.2020 ao 27.11.2020

3.12.2020 13.30 h

FC20144

Introdución á Lei do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia. Redacción de informes

30

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Presencial Santiago de Compostela

9, 10 e 11 de novembro das 16.00 ás 20.00 h

12 de novembro das 16.30 ás 19.30 h

12.11.2020 18.00 h

Consellería de Economía, Emprego e Industria: emprego

FC20145

Formación en orientación laboral

50

25

Aproveitamento

Orientadores/as laborais das oficinas de emprego do SPEG de todos os programas de orientación, así como orientadores/as laborais de concellos e entidades sen ánimo de lucro contratados ao abeiro da orde de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria específica para esta finalidade

Teleformación

26.10.2020 ao 19.11.2020

25.11.2020 10.00 h

FC20145

Formación en orientación laboral

50

25

Aproveitamento

Orientadores/as laborais das oficinas de emprego do SPEG de todos os programas de orientación, así como orientadores/as laborais de concellos e entidades sen ánimo de lucro contratados/as ao abeiro da orde de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria específica para esta finalidade

Teleformación

26.10.2020 ao 19.11.2020

25.11.2020 10.00 h

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

FC20170

O coidado do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo derivadas de trastornos de conduta

25

15

Aproveitamento

Educadores/as e/ou auxiliares educativos/coidadores

Telepresenza

5.10.2020 ao 9.10.2020 das 16.30 ás 19.30 h

9.10.2020 19.30 h

FC20171

O coidado do alumnado con necesidades derivadas de discapacidade motora

25

15

Aproveitamento

Educadores/as e/ou auxiliares educativos/coidadores

Telepresenza

19.10.2020 ao 23.10.2020 das 16.30 ás 19.30 h

23.10.2020 19.30 h

Consellería de Política Social

FC20115

A atención ao paciente xeriátrico en centros residenciais de atención a persoas dependentes

30

15

Aproveitamento

Preferentemente persoal responsable e sanitario da Consellería de Política Social

Presencial

Santiago de Compostela

(Cegadi)

6, 7 e 8 de outubro das 9.30 ás 14.30 h

8.10.2020 13.30 h

FC20142

A coordinación interinstitucional no ámbito dos servizos sociais e outros sistemas de protección

30

16

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Preferentemente, persoal dos distintos sistemas de protección que estean en contacto coas problemáticas da cidadanía, profesionais de servizos sociais da Consellería de Política Social, TT.SS. do Servizo Galego de Saúde, titores/as ou inspectores/as de educación, orientadoras/es de emprego, vivenda

Presencial

Santiago de Compostela

9 e 10 de novembro das 9.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 19.00 h

10.11.2020 18.00 h

FC20143

Execucións hipotecarias e desafiuzamentos: análise da normativa desde o punto de vista do impacto social

30

16

Aproveitamento

Persoal empregado público da Administración autonómica, con preferencia do persoal técnico da Consellería de Política Social e, subsidiariamente, do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Presencial Santiago de Compostela

9, 16, 23 e 30 de novembro das 16.00 ás 20.00 h

30.11.2020 19.00 h

Consellería do Medio Rural

FC20172

O Fogga e a xestión dos fondos da PAC

50

40

Aproveitamento

Persoal da Consellería do Medio Rural

Teleformación

15.10.2020 ao 25.11.2020

30.11.2020 13.30 h

Consellería do Mar

FC20140

Comercialización dos recursos mariños e rastrexabilidade

30

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Terá prioridade o persoal ao servizo da Consellería do Mar

Presencial Santiago de Compostela

14, 21 e 28 de outubro das 9.00 ás 14.00 h

28.10.2020 13.00 h

FC20141

Tipos de artes e aparellos de pesca, finalidade e características

30

15

Aproveitamento

Persoal técnico da Xunta de Galicia, coa seguinte orden de prioridade: 1. Persoal técnico que ocupe prazas de biólogo de zona, veterinario, técnico en zonas e instalacións de produción, ou nos centros de investigación da Consellería do Mar. 2. Resto do persoal técnico da Consellería do Mar. 3. Resto do persoal técnico doutras consellerías

Presencial Santiago de Compostela

9, 16 e 23 de novembro das 9.00 ás 14.00 h

23.11.2020 13.00 h

Consellería de Sanidade

FC20139

Aspectos técnicos aplicables ás inspeccións de competencia do Servizo de Inspección Farmacéutica

25

12

Aproveitamento

Inspectores/as farmacéuticos e médicos/as e subinspectores/as sanitarios da Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios

Presencial Santiago de Compostela

26 e 27 de outubro das 8.30 ás 14.30 h

27.10.2020 14.00 h