Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26417

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2020 pola que se modifica a Resolución do 9 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

No DOG núm. 19, do 29 de xaneiro de 2020, publicouse a Resolución do 9 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

De conformidade co punto quinto do Resolvo, establecíase:

Quinto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

(...)

O prazo para solicitar anticipos terá como data límite o 31 de xullo de 2020, para os beneficiarios con prazo máximo de execución ata o 15 de novembro de 2020, e no mes xaneiro de 2021 poderán solicitar o anticipo correspondente os beneficiarios con prazo máximo de execución ata o 30 de xuño de 2021.

De conformidade co artigo 1, establecíase:

Artigo 1. Proxectos obxecto de apoio

1. Estas axudas teñen como obxecto incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas. O Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións que beneficien un sector empresarial galego ou máis dunha empresa galega dun mesmo sector ou sectores complementarios, promovidas e desenvolvidas por organismos intermedios para facilitar a internacionalización das empresas ás cales representan:

a) Misións empresariais directas ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro, así como aqueloutros eventos promocionais do tipo congresos, conferencias ou simposios que aínda que non teñan un compoñente expositivo como tal, permitan a promoción do sector e as empresas a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro.

b) Participación en feiras ou eventos expositivos que se celebren no estranxeiro.

c) Misións empresariais inversas de importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescritores, empresas, profesionais ou organismos estranxeiros, co obxecto de dar a coñecer ao exterior as posibilidades das empresas e produtos galegos e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación.

d) Campañas conxuntas de publicidade en prensa, revistas, televisión, internet ou outros medios, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro e sempre que se trate de campañas de promoción dun sector empresarial galego ou de varias empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

e) Elaboración de material promocional conxunto como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, e que contribúan á divulgación e coñecemento no estranxeiro, sempre que se realice para un sector empresarial galego ou para varias empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

f) Contratación de bases de datos de intelixencia competitiva internacional.

g) Creación de plataforma aplicación de e-commerce para mercados internacionais (mercado en liña).

h) Xestión de tramitación de acordos de joint-ventures, contratos, certificacións, homologacións e rexistros de marca e patentes para o estranxeiro.

i) Xestión de licitacións internacionais.

j) Accións cooperativas en destino para implantación promocional ou prospección de mercados.

En cada acción deben participar un mínimo de dúas pemes galegas e/ou o organismo solicitante da axuda representando un mínimo de dúas pemes galegas.

2. Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario, na cal se poderán incluír varias accións das mencionadas. No caso de presentar máis dunha solicitude, atenderase a primeira presentada, no caso de non mediar desistencia ou renuncia da anterior.

De conformidade cos puntos 2 e 3 do artigo 5, establecíase:

Artigo 5. Condicións dos conceptos subvencionables

2. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes, que reúnen os requisitos establecidos na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020:

Concepto subvencionable e límite de gasto subvencionable para cada empresa e acción en que participe

Accións a que corresponden
os distintos tipos de conceptos
subvencionables

Gastos de viaxe dunha persoa por organismo intermedio e/ou por cada peme participante na acción que se desprace á cidade ou cidades de celebración da acción desde algunha cidade de España. No caso das accións das citadas no artigo 1.1.b) admítense gastos de viaxe de dúas persoas por peme participante e/ou organismo. (Por motivos empresariais admitirase que se emprenda a viaxe ou se retorne doutro país distinto de España, nese caso só se subvencionará o aloxamento do país en que se celebra a acción). Só son subvencionables gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas de visado e seguro de viaxe. Unicamente se admitirán os gastos viaxe de persoal do organismos ou da peme participante, entendendo por tal calquera traballador do organismo ou da peme contratado por conta allea, accionista, propietario, administrador ou representante legal, ou persoal contratado doutro modo para labores de internacionalización da empresa. Estas condicións acreditaranse mediante declaración no formulario electrónico de solicitude. Límites destes gastos: os indicados no anexo IV. No caso de que unha mesma acción implique desprazamento a máis dun país, terase en conta a distancia ao primeiro destino, e sumarase a distancia desde este ás cidades destino dos outros países (1 cidade por país).

Só para accións citadas nas letras a) e b) do artigo 1.1 (misións directas e participacións en eventos).

Gastos de aloxamento (en réxime de aloxamento e almorzo) dunha persoa do organismo intermedio e/ou de cada peme participante na acción que se desprace. No caso das accións das citadas no artigo 1.1.b) admítense gastos de aloxamento de dúas persoas por peme e/u organismo participante no evento. Só se subvencionarán 5 pernoitas por persoa e acción e tendo en conta os límites indicados no anexo IV. No caso de acción en máis dun país, engadiranse un máximo de 3 pernoitas máis subvencionadas por país cun máximo total de 12 pernoitas.

No caso de misións inversas teranse en conta os gastos de viaxe a Galicia de cada persoa participante na misión (máximo 20 persoas por país e acción). Son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas de visado e seguro de viaxe. Subvencionaranse tamén neste caso os gastos de aloxamento en Galicia (en réxime de aloxamento e almorzo). Só se subvencionarán un máximo de 5 pernoitas por persoa e tendo en conta os límites indicados no anexo IV.

Só para accións citadas na letra c) do artigo 1.1 (misións inversas).

No caso de misións inversas, gastos de desprazamentos en Galicia mediante servizo contratado: autobús, minibús, taxi ou vehículo con condutor.

Gastos de alugamento de salas, espazos e servizos relacionados co dito alugamento; alugamento de stand; construción, montaxe e desprazamento de stand; decoración de stand; alugamento de mobiliario; contratación de persoal de apoio como interpretes, modelos ou azafatas; envío de material promocional e mostras co seu seguro correspondente; gastos de publicidade inherentes á acción promocional, servizos de organización de eventos e cotas de inscrición nos eventos promocionais.

Só para accións citadas nas letras a), b) e c) do artigo 1.1 (misións directas, participacións en eventos e misións inversas).

Gastos de asistencia externa en destino para a detección de oportunidades, a realización de axendas, seguimento de contactos iniciais e/ou desenvolvemento de clientes no estranxeiro (metodoloxía enfocada en descubrir mercados para a empresa e os seus produtos, apostando por descubrir e aprender dos propios clientes, ofrecendo un produto que realmente necesiten).

Gastos de compra de espazos publicitarios e inserción nos medios de comunicación.

Só para accións citadas na letra d) do artigo 1.1 (campañas de publicidade).

Gastos de asistencia externa en orixe ou en destino para o deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.

Só para accións citadas na letra e) do artigo 1.1 (material promocional).

Gastos de asistencia externa para deseño, creación e/ou aloxamento de aplicación soporte de comercio electrónico. Non serán subvencionables os gastos de mantemento nin os gastos correspondentes a servizos de posicionamento. Non será subvencionable este concepto de gasto para organismos que xa obtivesen axuda (axuda concedida sen mediar renuncia) para este concepto de gasto en convocatorias anteriores destas bases. Non serán subvencionables estes gastos no caso de que xa se dispuxese dunha aplicación deste tipo antes da solicitude de axuda ou se non se xustifica a operatividade desta aplicación, dentro do prazo de execución da axuda.

Só para accións citadas na letra f) do artigo 1.1 (plataformas),

Cotas de bases de datos de intelixencia competitiva internacional sectorial.

Só para accións citadas na letra g) do artigo 1.1 (plataformas),

Gastos de asistencia externa en orixe ou en destino:

asistencia xurídica, técnica e servizos para tradución de documentación.

Só para accións citadas nas letras h) e i) do artigo 1.1.

Gastos de alugamento de locais durante o período de execución establecido na resolución de concesión.

Só para accións citadas na letra j) do artigo 1.1.

En relación cos gastos de asistencia externa en destino para a detección de oportunidades, a realización de axendas, desenvolvemento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais, as empresas que presten este tipo de servizos deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape.

Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado por oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro ou oficinas comerciais ou organismos públicos españoles ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.

Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os custos de mailings, convites, regalos promocionais e os relativos á realización de cócteles e actos análogos.

b) Os custos de servizos para o posicionamento web.

c) Os custos de envío de mercadorías distintas ao material promocional ou mostras sen valor comercial.

d) Imposto sobre o valor engadido (IVE) a non ser que se acredite que non é recuperable.

e) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.

f) Produtos de merchandising e outros regalos promocionais.

g) Aqueloutros que non estean directamente vinculados coa realización da acción subvencionable.

3. Os gastos subvencionables serán os realizados polo organismo solicitante dentro do prazo de execución e facturados e pagados entre o día da presentación da solicitude de axuda e o derradeiro día do prazo de execución establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda (polo que a solicitude de axuda poderán incluír accións que se leven a cabo da partir desa data) e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda.

Excepcionalmente, tamén serán subvencionables os gastos efectuados e pagados desde o 1 de xullo de 2019 exixidos en concepto de reserva para accións que se realizarán no exercicio 2020.

De conformidade co punto 1 do artigo 6, establecíase:

Artigo 6. Contía da axuda e criterios de avaliación e selección de solicitudes

1. Para as accións incluídas nesta convocatoria a intensidade da axuda será do 80 % da subvención sobre os gastos subvencionables co límite máximo de subvención de 176.000 € por beneficiario e convocatoria.

De conformidade co punto 5 do artigo 15, establecíase:

Artigo 15. Xustificación da subvención

5. Xunto coa solicitude de cobramento, o beneficiario da axuda presentará a seguinte documentación:

a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007, e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado. As facturas correspondentes ás viaxes deben permitir identificar a persoa que viaxa (nome, apelidos e DNI).

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas, deberá achegarse unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel.

b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento ten sido realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados coma subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas na acción e, ademais algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos do organismo beneficiario selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo en que conste o cambio empregado.

c) Memoria de resultados que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación, na cal se expoñan co suficiente grao de detalle as accións desenvolvidas e resultados ou obxectivos acadados.

d) No caso das actuacións das letras a) e b) do artigo 1.1 (misións directas e participación en eventos):

1º. Copia de informe de execución segundo o modelo do anexo V.

2º. No caso de gastos de viaxe: copia da documentación para xustificar a orixe e destino de cada traxecto e as datas (tarxetas de embarque de ida e volta, ou billetes e/ou tíckets ou outra documentación que o xustifique).

3º. No caso de gastos de aloxamento: copia da documentación para xustificar o número de pernoitas (bono de reserva de aloxamento ou factura de xeito que quede demostrada a data do aloxamento).

4º. No caso de gastos de asistencia para a detección de oportunidades en destino, a realización de axendas, desenvolvemento de clientes, e/ou seguimento de contactos iniciais será necesario achegar copia do informe de execución asinado polo provedor no cal se indique como mínimo: situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados. E, de ser o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas.

e) No caso das actuacións da letra c) do artigo 1.1 (Misións inversas):

1º. Copia de informe de execución segundo o modelo do anexo V.

2º. Os documentos citados nos puntos 2º, 3º e 4º da letra anterior d) para a xustificación de gastos de viaxe e gastos de aloxamento de cada compoñente das misións e para a xustificación dos gastos de asistencia para a detección de oportunidades en destino, a realización de axendas, desenvolvemento de clientes, e/ou seguimento de contactos iniciais.

f) No caso de actuacións da letra d) do artigo 1.1 (Campañas conxuntas de publicidade) será necesario achegar copia de informe de execución onde consten os medios, datas das insercións e copia dixital destas onde se aprecien os requisitos de publicidade atendendo aos requisitos do anexo III.

g) No caso de actuacións da letra e) do artigo 1.1 (Elaboración de material promocional conxunto) deberá achegar copia dixital do dito material onde se aprecien os requisitos de publicidade atendendo aos requisitos do anexo III.

h) No caso de actuacións da letra g) do artigo 1.1 (Creación de plataforma aplicación
e-commerce) será necesario achegar informe do provedor da execución técnica do proxecto que inclúa imaxes da aplicación de e-commerce onde se aprecien os requisitos de publicidade atendendo aos requisitos do anexo III, así como informe de resultados que inclúa número de visitas e volume de venda desde a posta en marcha.

i) No caso de actuacións das letras h), i) e j) do artigo 1.1 (Xestión de tramitación de acordos, xestión de licitacións internacionais así como implantación e prospección de mercados) copia dun informe realizado polo solicitante dos resultados obtidos durante o período en que se indique como mínimo: situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados.

j) Copia das tres ofertas que deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.5 das bases reguladoras, no caso de non achegalas coa solicitude de axuda.

k) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso para as mesmas accións, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

l) No caso de gastos de envío de material promocional e mostras debe achegar –no caso de envíos fóra da UE– copia da documentación relativa ás datas, destino e ao contido do envío.

m) Cumprimento da obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 14.7 destas bases: fotografías do cartel na empresa (con plano xeral de localización e de detalle), imaxes do sitio da internet, dacordo co indicado no anexo III destas bases.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

O beneficiario deberá cubrir na ficha resumo de facturas do formulario electrónico de liquidación os seguintes datos relativos á contabilidade en que se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 14.5: número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

O beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa polos mesmos medios que os establecidos no artigo 7 para a presentación da documentación complementaria á solicitude. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo ca copia electrónica presentada.

De conformidade co punto 4 do artigo 17, establecíase:

Artigo 17. Perda do dereito á subvención e reintegro

(...)

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se e o caso, establecendo a obriga de reintegro co seguinte criterio:

No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables, debendo, se e o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento superase o 50 % da base subvencionable, entenderase que o dito incumprimento é total, debendo reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

Tendo en conta que a situación mundial provocada pola emerxencia sanitaria COVID-19 motivou a cancelación a nivel internacional de numerosos eventos promocionais e viaxes de prospección, afectando considerablemente a execución normal dos programas de internacionalización dos organismos intermedios, impedindo en ocasións a súa realización e quedando noutras ocasións pospostos para datas futuras aínda incertas e dependentes da evolución internacional da pandemia. O que ten unha repercusión directa no desenvolvemento dos proxectos de internacionalización das empresas apoiados polo programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2020.

O día 14 de marzo de 2020 publicouse no Boletín Oficial del Estado e entrou en vigor o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Nas súas disposicións adicionais terceira e cuarta decretábase a suspensión de prazos administrativos. O Decreto 465/2020, do 17 de marzo (BOE núm. 73, do 18 de marzo) dálle nova redacción ao número 4 da disposición adicional terceira e establece que as entidades do sector público poderán acordar motivadamente a continuación daqueles procedementos administrativos que veñan referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 24 de abril de 2020, sobre a continuación da tramitación de determinados expedientes e procedementos en materia de subvencións, no eido da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico, establece aspectos relativos á continuación dos procedementos de concesión de subvencións cuxas bases e convocatoria se tivesen aprobado e publicado no momento da entrada en vigor do devandito Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, pero que non se tivese ditado a resolución de concesión, entre os que se atopa o programa Galicia Exporta Organismos Intermedios, e aspectos relativos á modificación das bases reguladoras para ampliar os prazos de execución da actividade subvencionada e, de ser o caso, de xustificación e comprobación da dita execución.

O día 23 de maio de 2020 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se continúa, ou se reinicia, o cómputo dos prazos administrativos que tivesen sido suspendidos en virtude do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, con efectos desde o 1 de xuño de 2020.

Coa intención de mitigar os prexuízos ocasionados por esta circunstancia e apoiar os esforzos realizados polos organismos intermedios na internacionalización das súas empresas, o Consello de Dirección do Igape, na súa reunión do 18 de maio de 2020, acordou a modificación das bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2020-2021, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Artigo 1

Modificar a Resolución do 9 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección, que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, no seguinte sentido:

O punto quinto do Resolvo, queda redactado do seguinte xeito:

Quinto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

(...)

O prazo para solicitar anticipos terá como data límite o 10 de outubro de 2020, para os beneficiarios con prazo máximo de execución ata o 15 de novembro de 2020, e no mes xaneiro de 2021 poderán solicitar o anticipo correspondente os beneficiarios con prazo máximo de execución ata o 30 de novembro de 2021.

O artigo 1 queda redactado do seguinte xeito:

Artigo 1. Proxectos obxecto de apoio

(...)

a) Misións empresariais directas ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro, así como aqueloutros eventos promocionais do tipo congresos, conferencias ou simposios que aínda que non teñan un compoñente expositivo como tal, permitan a promoción do sector e as empresas a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro. Inclúense neste tipo de actividades a organización e participación en misións empresariais con axendas virtuais e visitas a feiras virtuais e/ou outros eventos expositivos virtuais.

b) Participacións e/ou organización propia de feiras ou eventos expositivos incluíndo as virtuais que se celebren no estranxeiro ou estean dirixidos ao público estranxeiro.

c) Misións empresariais inversas de importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescritores, empresas, profesionais ou organismos estranxeiros, co obxecto de dar a coñecer ao exterior as posibilidades das empresas e produtos galegos e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación. Así como a participación e/ou organización propia de eventos virtuais dirixidos ao público internacional (catas ou seminarios virtuais, xornadas de formación a prescriptores).

d) Campañas conxuntas de publicidade en prensa, revistas, televisión, internet ou outros medios, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro e sempre que se trate de campañas de promoción dun sector empresarial galego ou de varias empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

e) Elaboración de material promocional conxunto como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, e que contribúan á divulgación e coñecemento no estranxeiro, sempre que se realice para un sector empresarial galego ou para varias empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

f) Contratación de bases de datos de intelixencia competitiva internacional.

g) Creación de plataforma aplicación de e-commerce para mercados internacionais (mercado en liña).

h) Xestión de tramitación de acordos de joint-ventures, contratos, certificacións, homologacións e rexistros de marca e patentes para o estranxeiro.

i) Xestión de licitacións internacionais.

j) Accións cooperativas en destino para implantación promocional ou prospección de mercados.

k) Creación, adquisición ou contratación de plataformas que permitan o desenvolvemento e organización de feiras, catas, seminarios, accións e xornadas de formación en modo virtual.

En cada acción deben participar un mínimo de dúas pemes galegas e/ou o organismo solicitante da axuda representando a un mínimo de dúas pemes galegas.

(...)

Os puntos 2 e 3 do artigo 5 quedan redactados do seguinte xeito:

2. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes, que reúnen os requisitos establecidos na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020:

Concepto subvencionable e límite de gasto subvencionable para cada empresa e acción en que participe

Accións a que corresponden os distintos tipos de conceptos subvencionables

Gastos de viaxe dunha persoa por organismo intermedio e/ou por cada peme participante na acción que se desprace á cidade ou cidades de celebración da acción desde algunha cidade de España. No caso das accións das citadas no artigo 1.1.b) admítense gastos de viaxe de dúas persoas por peme participante e/ou organismo. (Por motivos empresariais admitirase que se emprenda a viaxe ou se retorne doutro país distinto de España, nese caso só se subvencionará o aloxamento do país en que se celebra a acción). Só son subvencionables gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas de visado e seguro de viaxe. Unicamente se admitirán os gastos viaxe de persoal do organismo ou da peme participante, entendendo por tal calquera traballador do organismo ou da peme contratado por conta allea, accionista, propietario, administrador ou representante legal, ou persoal contratado doutro modo para labores de internacionalización da empresa. Estas condicións acreditaranse mediante declaración no formulario electrónico de solicitude. Límites destes gastos: os indicados no anexo IV. No caso de que unha mesma acción implique desprazamento a máis dun país, terase en conta a distancia ao primeiro destino, e sumarase a distancia desde este ás cidades destino dos outros países (1 cidade por país).

Só para accións citadas nas letras a) e b) do artigo 1.1 (misións directas e participacións en eventos).

Gastos de aloxamento (en réxime de aloxamento e almorzo) dunha persoa do organismo intermedio e/ou de cada peme participante na acción que se desprace. No caso das accións das citadas no artigo 1.1.b) admítense gastos de aloxamento de dúas persoas por peme e/ou organismo participante no evento. Só se subvencionarán 5 pernoitas por persoa e acción e tendo en conta os límites indicados no anexo IV. No caso de acción en máis dun país engadiranse un máximo de 3 pernoitas máis subvencionadas por país cun máximo total de 12 pernoitas.

No caso de misións inversas teranse en conta os gastos de viaxe a Galicia de cada persoa participante na misión (máximo 20 persoas por país e acción). Son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas de visado e seguro de viaxe. Subvencionaranse tamén neste caso os gastos de aloxamento en Galicia (en réxime de aloxamento e almorzo). Só se subvencionarán un máximo de 5 pernoitas por persoa e tendo en conta os límites indicados no anexo IV.

Só para accións citadas na letra c) do artigo 1.1 (misións inversas).

No caso de misións inversas gastos de desprazamentos en Galicia mediante servizo contratado: autobús, minibús, taxi ou vehículo con condutor.

Gastos de alugamento de salas, espazos e servizos relacionados co dito alugamento; alugamento de stand; construción, montaxe e desprazamento de stand; decoración de stand; alugamento de mobiliario; contratación de persoal de apoio como interpretes, modelos ou azafatas; envío de material promocional e mostras co seu seguro correspondente; gastos de publicidade inherentes á acción promocional, servizos de organización de eventos así como as cotas de inscrición nos eventos promocionais virtuais.

Só para accións citadas nas letras a), b) e c) do artigo 1.1 (misións directas, participacións en eventos e misións inversas).

Gastos de asistencia externa en destino para a detección de oportunidades, a realización de axendas, seguimento de contactos iniciais e/ou desenvolvemento de clientes no estranxeiro (metodoloxía enfocada en descubrir mercados para a empresa e os seus produtos, apostando por descubrir e aprender dos propios clientes, ofrecendo un produto que realmente necesiten). Incluídas as axendas virtuais.

Gastos de compra de espazos publicitarios e inserción nos medios de comunicación. Así como os gastos correspondentes a campañas de posicionamento dixital.

Só para accións citadas na letra d) do artigo 1.1 (campañas de publicidade).

Gastos de asistencia externa en orixe ou en destino para o deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.

Só para accións citadas na letra e) do artigo 1.1 (material promocional).

Gastos de asistencia externa para deseño, creación e/ou aloxamento de aplicación soporte de comercio electrónico. Non serán subvencionables os gastos de mantemento. Non será subvencionable este concepto de gasto para organismos que xa obtivesen axuda (axuda concedida sen mediar renuncia) para este concepto de gasto en convocatorias anteriores destas bases. Non serán subvencionables estes gastos no caso de que xa se dispuxese dunha aplicación deste tipo antes da solicitude de axuda ou se non se xustifica a operatividade desta aplicación dentro do prazo de execución da axuda.

Só para accións citadas na letra f) do artigo 1.1 (plataformas.)

Cotas de bases de datos de intelixencia competitiva internacional sectorial.

Só para accións citadas na letra g) do artigo 1.1 (plataformas).

Gastos de asistencia externa en orixe ou en destino:

Asistencia xurídica, técnica e servizos para tradución de documentación.

Só para accións citadas nos letras h) e i) do artigo 1.1.

Gastos de alugamento de locais durante o período de execución establecido na resolución de concesión.

Só para accións citadas na letra j) do artigo 1.1.

Gastos de creación, adquisición de software ou gastos de contratación servizos técnicos.

Só para accións das citadas nas letras g) e i) do artigo 1.1.

No caso dos activos intanxibles, para seren considerados subvencionables deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) Consideraranse activos amortizables; 3) Adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador; 4) Deberán incluírse nos activos da empresa beneficiaria e permanecer asociados ao proxecto a que se destina a axuda durante polo menos tres anos.

En relación cos gastos de asistencia externa en destino para a detección de oportunidades, a realización de axendas, desenvolvemento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais, as empresas que presten este tipo de servizos deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape.

Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado por oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro ou oficinas comerciais ou organismos públicos españoles ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.

Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os custos de mailings, convites, regalos promocionais e os relativos á realización de cócteles e actos análogos.

b) Os custos de envío de mercadorías distintas ao material promocional ou mostras sen valor comercial.

c) Imposto sobre o valor engadido (IVE) a non ser que se acredite que non é recuperable.

d) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.

e) Produtos de merchandising e outros regalos promocionais.

f) Aqueloutros que non estean directamente vinculados coa realización da acción subvencionable.

3. Os gastos subvencionables serán os realizados polo organismo solicitante dentro do prazo de execución e facturados e pagados entre o día da presentación da solicitude de axuda e o derradeiro día do prazo de execución establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda (polo que a solicitude de axuda poderán incluír accións que se leven a cabo da partir desa data) e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda.

Excepcionalmente, tamén serán subvencionables os gastos efectuados e pagados desde o 1 de xullo de 2019 exixidos en concepto de reserva para accións que se realizarán no exercicio 2020.

O punto 1 do artigo 6 queda redactado do seguinte xeito:

Artigo 6. Contía da axuda e criterios de avaliación e selección de solicitudes

1. Para as accións incluídas nesta convocatoria a intensidade da axuda será do 80 % da subvención sobre os gastos subvencionables co límite máximo de subvención de 400.000 € por beneficiario e convocatoria.

O punto 5 do artigo 15 queda redactado do seguinte xeito:

Artigo 15. Xustificación da subvención

5. Xunto coa solicitude de cobramento, o beneficiario da axuda presentará a seguinte documentación:

a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberá conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado. As facturas correspondentes ás viaxes deben permitir identificar a persoa que viaxa (nome, apelidos e DNI).

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas, deberá achegarse unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel.

b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento ten sido realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados coma subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas na acción e, ademais algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos do organismo beneficiario selada polo banco ou recibín asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo en que conste o cambio empregado.

c) Memoria de resultados que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación, na cal se expoñan co suficiente grao de detalle as accións desenvolvidas e resultados ou obxectivos acadados.

d) No caso das actuacións das letras a) e b) do artigo 1.1 (misións directas e participación en eventos):

1º. Copia de informe de execución (segundo o modelo do anexo V).

2º. No caso de gastos de viaxe: copia da documentación para xustificar a orixe e destino de cada traxecto e as datas (tarxetas de embarque de ida e volta, ou billetes e/ou tíckets ou outra documentación que o xustifique).

3º. No caso de gastos de aloxamento: copia da documentación para xustificar o número de pernoitas (bono de reserva de aloxamento ou factura de xeito que quede demostrada a data do aloxamento).

4º. No caso de gastos de asistencia para a detección de oportunidades en destino, a realización de axendas, desenvolvemento de clientes, e/ou seguimento de contactos iniciais será necesario achegar copia do informe de execución asinado polo provedor en que se indique como mínimo: situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados. E, de ser o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas.

e) No caso das actuacións da letra c) do artigo 1.1 (Misións inversas):

1º. Copia de informe de execución segundo o modelo do anexo V.

2º. Os documentos citados nos puntos 2º, 3º e 4º da letra anterior d) para a xustificación de gastos de viaxe e gastos de aloxamento de cada compoñente das misións e para a xustificación dos gastos de asistencia para a detección de oportunidades en destino, a realización de axendas, desenvolvemento de clientes, e/ou seguimento de contactos iniciais.

Cando se trate de accións do tipo das recollidas no artigo 1.1.a), b) e/ou c) afectadas na súa celebración pola incidencia COVID-19 non será preciso detallar os resultados obtidos, nin os documentos dos puntos d.2, d.3, d.4, e e.2) debendo ser substituído o detalle da acción, as actuacións e resultados por un informe detallado do grao de afectación na actuación.

f) No caso de actuacións da letra d) do artigo 1.1 (Campañas conxuntas de publicidade) será necesario achegar copia de informe de execución onde consten os medios, datas das insercións e copia dixital delas onde se aprecien os requisitos de publicidade atendendo aos requisitos do anexo III. Así como copia dun informe realizado polo solicitante dos resultados obtidos durante o período en que se indique como mínimo: situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados.

g) No caso de actuacións da letra e) do artigo 1.1 (Elaboración de material promocional conxunto) deberá achegar copia dixital do dito material onde se aprecien os requisitos de publicidade atendendo aos requisitos do anexo III.

h) No caso de actuacións da letra g) do artigo 1.1 (Creación de plataforma aplicación
e-commerce) será necesario achegar informe do provedor da execución técnica do proxecto que inclúa imaxes da aplicación de e-commerce onde se aprecien os requisitos de publicidade atendendo aos requisitos do anexo III, así como informe de resultados que inclúa número de visitas e volume de venda desde a posta en marcha.

i) No caso de actuacións das letras h), i) e j) do artigo 1.1 (Xestión de tramitación de acordos, xestión de licitacións internacionais así como implantación e prospección de mercados) copia dun informe realizado polo solicitante dos resultados obtidos durante o período en que se indique como mínimo: situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados.

j) Para a xustificación das accións recollidas no artigo 1.l) (creación de plataformas...) no caso de adquisición de activos intanxibles de software, acreditación das condicións establecidas no artigo 5 para activos intanxibles mediante informe de auditor inscrito como exercente no ROAC que verifique o cumprimento destas condicións.

k) Copia das tres ofertas que deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.5 das bases reguladoras, no caso de non achegalas coa solicitude de axuda.

l) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso para as mesmas accións, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

m) No caso de gastos de envío de material promocional e mostras debe achegar –no caso de envíos fóra da UE– copia da documentación relativa ás datas, destino e ao contido do envío.

n) Cumprimento da obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 14.7 destas bases: fotografías do cartel na empresa (con plano xeral de localización e de detalle), imaxes do sitio da internet, de acordo co indicado no anexo III destas bases.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

O beneficiario deberá cubrir na ficha resumo de facturas do formulario electrónico de liquidación os seguintes datos relativos á contabilidade en que se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 14.5: número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

O beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa polos mesmos medios que os establecidos no artigo 7 para a presentación da documentación complementaria á solicitude. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo ca copia electrónica presentada.

O punto 4 do artigo 17 queda redactado do seguinte xeito:

Artigo 17. Perda do dereito á subvención e reintegro

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión da axuda, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro co seguinte criterio:

No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables debendo, se é o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción.

Artigo 2

Esta modificación entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2020

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica