Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26437

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2020 pola que se modifica a Resolución do 9 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

No Diario Oficial de Galicia (DOG) número 19, do 29 de xaneiro de 2020, publicouse a Resolución do 9 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

De conformidade co ordinal quinto do resolvo establecíase:

Quinto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

(...)

O prazo para solicitar anticipos terá como data límite o 31 de xullo de 2020, para os beneficiarios con prazo máximo de execución ata o 15 de novembro de 2020, e no mes de xaneiro de 2021 poderán solicitar o anticipo correspondente os beneficiarios con prazo máximo de execución ata o 30 de xuño de 2021.

De conformidade co artigo 1, establecíase:

Artigo 1. Proxectos obxecto de apoio

1. Co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións:

a) Accións de difusión:

a.1) Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión ou outros medios, incluídos os dixitais, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.

a.2) Elaboración de material promocional para difusión en mercados estranxeiros.

b) Accións de promoción:

b.1) Participación en feiras ou outros eventos expositivos que teñan lugar no estranxeiro.

Inclúense tamén aqueles eventos deste tipo que se realicen organizados por terceiros en España –fóra da Comunidade Autónoma de Galicia– e estean incluídos no calendario de feiras comerciais internacionais publicado pola Secretaría de Estado de Comercio de España para o ano 2019 ou 2020 no Boletín Oficial del Estado (en edicións que se realicen dentro do prazo de execución destas bases).

Non son subvencionables as visitas a este tipo de eventos. Para ser unha acción subvencionable tense que acreditar a participación do beneficiario como expositor no evento.

b.2) Visitas á sede da empresa en Galicia de clientes, importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescritores, todas realizadas desde o estranxeiro, co obxecto de dar a coñecer ao exterior as posibilidades da empresa e os seus produtos e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación.

c) Accións de prospección en mercados internacionais:

c.1) Axendas de reunións.

c.2) Desenvolvemento de clientes no estranxeiro: metodoloxía enfocada en descubrir mercados para a empresa e os seus produtos, apostando por descubrir e aprender dos propios clientes, ofrecendo un produto que realmente necesiten.

c.3) Seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores no estranxeiro para consolidación do negocio.

2. Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario, na cal se poderán incluír varias accións das mencionadas nas letras a) á c) deste artigo. No caso de presentar máis dunha solicitude, atenderase a primeira presentada, no caso de non mediar desistencia ou renuncia da anterior.

De conformidade cos puntos 1 e 2 do artigo 5, establecíase:

Artigo 5. Condicións dos conceptos subvencionables

1. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes, que reúnen os requisitos establecidos na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020 e que se materialicen nos seguintes conceptos:

a) O límite máximo de gasto subvencionable para accións de difusión é de 7.000 € por solicitude de axuda.

a.1) Gastos subvencionables para accións de difusión citadas na letra a.1) do artigo 1.1. Só se subvencionarán os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións en medios de comunicación.

a.2) Gastos subvencionables para accións de difusión citadas na letra a.2) do artigo 1.1. Só se subvencionarán os gastos de deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión de material promocional para difusión en mercados estranxeiros.

b.1) Gastos subvencionables para accións de promoción citadas na letra b.1) do artigo 1.1. O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 40.000 € por cada evento en que se participe.

1º. Gastos de viaxe de dúas persoas por empresa solicitante á cidade de realización do evento desde algunha cidade de España. Por motivos empresariais admitirase que se emprenda a viaxe ou se retorne doutro ou a outro país distinto de España. Nese caso só se subvencionará o aloxamento do país en que ten lugar a acción.

Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas e seguros de viaxe.

Límites destes gastos: os indicados no anexo IV.

2º. Aloxamento de dúas persoas por empresa (en réxime de aloxamento e almorzo), cun máximo de 5 pernoctacións, cos límites indicados no anexo IV. Algunha das pernoctacións debe coincidir coas datas de realización do evento en que se participa.

No caso de accións en máis dun país, engadiranse un máximo de 2 pernoctacións máis subvencionadas por país, cun máximo total de 10 pernoctacións.

3º. Gastos de alugamento de espazos e servizos relacionados co dito alugamento; alugamento de caseta (stand); construción, montaxe e desprazamento da caseta; decoración da caseta; alugamento de mobiliario; contratación de persoal de apoio como intérpretes, modelos ou axudantes de programa; envío de material promocional e mostras co seu seguro correspondente.

b.2) Gastos subvencionables para accións de promoción citadas na letra b.2) do artigo 1.1.

1º. Gastos de viaxe dun máximo de 3 persoas por acción. Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas e seguros de viaxe.

Límites destes gastos: os indicados no anexo IV.

2º. Aloxamento en Galicia dun máximo de 3 persoas por acción (en réxime de aloxamento e almorzo), cun máximo de 5 pernoctacións, cos límites indicados no anexo IV.

3º. Gastos de intérpretes durante a visita.

c) Gastos subvencionables para accións de prospección citadas na letra c) do artigo 1.1. O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 6.000 € por solicitude.

Gastos de servizos de consultoría para a realización de axendas (non será subvencionable a mera realización da axenda se non se executa coas reunións correspondentes dentro do prazo de execución da axuda), desenvolvemento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais.

En relación cos gastos de servizos en destino para a realización de axendas, desenvolvemento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais, as empresas que presten este tipo de servizos descritos neste punto deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape.

Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado por oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro, ou oficinas comercias ou organismos públicos españois ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.

2. Os gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape. Non se poderá incorrer en ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.

Excepcionalmente, tamén serán subvencionables os gastos efectuados e pagados desde o 1 de xullo de 2019 exixidos en concepto de reserva para accións que se realizarán no exercicio 2020.

De conformidade co punto 5 do artigo 15, establecíase:

Artigo 15. Xustificación da subvención

5. Xunto coa solicitude de cobramento, o beneficiario da axuda presentará a seguinte documentación:

a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas, deberá achegarse unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel.

b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento foi realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supor unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas nas accións e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo en que conste o cambio empregado.

c) Memoria de resultados, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación, na cal se expoñan co suficiente grao de detalle as accións desenvolvidas e resultados ou obxectivos acadados e situación do solicitante de axuda polo que se refire ao/s mercado/s obxectivo unha vez realizadas as accións.

d) No caso de concesión de axuda para accións de difusión das referidas no artigo 1.1.a.1), será necesario achegar copia de informe de execución onde consten os medios, datas das insercións e, de ser o caso, fotos delas.

e) No caso de concesión de axuda para actuacións de promoción das referidas no artigo 1.1.b.1) será necesario achegar:

1) Copia de informe de execución (segundo modelo do anexo V).

2) No caso de gastos de viaxe: documentación para xustificar a orixe e destino de cada traxecto e as datas (tarxetas de embarque de ida e volta, ou billetes e/ou tíckets ou outra documentación que o xustifique).

3) No caso de gastos de aloxamento: documentación para xustificar o número de pernoctacións (bono de reserva de aloxamento ou factura de xeito que quede demostrada a data do aloxamento).

f) No caso de concesión de axuda para actuacións de promoción das referidas no artigo 1.1.b.2) será necesario achegar:

1) Copia de informe de execución (segundo o modelo do anexo V).

2) Os documentos citados na letra anterior e)2 e e)3 para a xustificación de gastos de viaxe e gastos de aloxamento de cada integrante das visitas de clientes á sede da empresa en Galicia.

g) No caso de concesión de axuda para realizar accións e prospección de mercados das previstas no artigo 1.1.c), será necesario achegar copia do informe de execución asinado polo provedor onde se indique como mínimo: situación do solicitante da axuda –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados. E de ser o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas.

h) Copia das tres ofertas que deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.4 das bases reguladoras, no caso de non achegalas coa solicitude de axuda.

i) No caso de gastos de envío de material promocional e mostras debe achegar –no caso de envíos fóra da UE– copia da documentación relativa ao contido do envío.

j) Cumprimento da obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 14.g) destas bases: fotografías do cartel na empresa (con plano xeral de localización e de detalle), imaxes do sitio de internet, de acordo co indicado no anexo III destas bases.

k) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso para as mesmas accións, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

O beneficiario deberá cubrir na ficha resumo de facturas do formulario electrónico de liquidación os seguintes datos relativos á contabilidade nos cales se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 14.e): número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

O beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa polos mesmos medios que os establecidos no artigo 7 para a presentación da documentación complementaria á solicitude. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo coa copia electrónica presentada.

De conformidade co punto 4 do artigo 17, establecíase:

Artigo 17. Perda do dereito á subvención e reintegro

(...)

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión da axuda, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables, e deberán, se é o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total, e deberanse reintegrar todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

O día 14 de marzo de 2020 publicouse no Boletín Oficial del Estado e entrou en vigor o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Nas súas disposicións adicionais terceira e cuarta decretábase a suspensión de prazos administrativos. O Decreto 465/2020, do 17 de marzo (BOE nº 73, do 18 de marzo) dálle nova redacción ao número 4 da disposición adicional terceira e establece que as entidades do sector público poderán acordar motivadamente a continuación daqueles procedementos administrativos que veñan referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 24 de abril de 2020, sobre a continuación da tramitación de determinados expedientes e procedementos en materia de subvencións, no eido da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico, establece aspectos relativos á continuación dos procedementos de concesión de subvencións cuxas bases e convocatoria se aprobasen e publicasen no momento da entrada en vigor do dito Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, pero que non se ditase a resolución de concesión, entre os cales se encontra o programa Galicia Exporta Empresas, e aspectos relativos á modificación das bases reguladoras para ampliar os prazos de execución da actividade subvencionada e, de ser o caso, de xustificación e comprobación da dita execución.

O día 23 de maio de 2020 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se restablece, ou se reinicia, o cómputo dos prazos administrativos que fosen suspendidos en virtude do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, con efectos desde o 1 de xuño de 2020.

A situación mundial provocada pola emerxencia sanitaria COVID-19 motivou a cancelación a nivel internacional de numerosos eventos promocionais e viaxes de prospección, o que afectou considerablemente a execución normal dos programas de internacionalización das empresas, impedindo en ocasións a súa realización e quedando noutras ocasións pospostos para datas futuras aínda incertas e dependentes da evolución internacional da pandemia. Isto ten unha repercusión directa no desenvolvemento dos proxectos de internacionalización das empresas apoiados polo programa Galicia Exporta Empresas 2020.

Coa intención de mitigar os prexuízos ocasionados por esta circunstancia e apoiar os esforzos realizados polas empresas na súa internacionalización, o Consello de Dirección do Igape, na súa reunión do 18 de maio de 2020, acordou a modificación das bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do programa Galicia Exporta Empresas 2020-2021, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Artigo 1

Modificar a Resolución do 9 de xaneiro 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, no seguinte sentido:

O punto quinto do resolvo queda redactado do seguinte xeito:

Quinto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

(...)

O prazo para solicitar anticipos terá como data límite o 15 de outubro de 2020, para os beneficiarios con prazo máximo de execución ata o 15 de novembro de 2020, e no mes xaneiro de 2021 poderán solicitar o anticipo correspondente os beneficiarios con prazo máximo de execución ata o 30 de novembro de 2021.

O artigo 1 queda redactado do seguinte xeito:

Artigo 1. Proxectos obxecto de apoio

1. Co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións:

a) Accións de difusión:

a.1) Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión ou outros medios, incluídos os dixitais, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.

a.2) Elaboración de material promocional para difusión en mercados estranxeiros.

b) Accións de promoción:

b.1) Participación en feiras ou outros eventos expositivos que teñan lugar no estranxeiro.

Inclúense tamén aqueles eventos deste tipo que se realicen organizados por terceiros en España –fóra da Comunidade Autónoma de Galicia– e estean incluídos no calendario de feiras comerciais internacionais publicado pola Secretaría de Estado de Comercio de España para o ano 2019 ou 2020 no Boletín Oficial del Estado (en edicións que teñan lugar dentro do prazo de execución destas bases). Inclúese tamén a participación en feiras virtuais, así como a participación noutros eventos expositivos virtuais dirixidos ao público internacional.

Non son subvencionables as visitas a este tipo de eventos. Para ser unha acción subvencionable tense que acreditar a participación do beneficiario como expositor no evento.

b.2) Visitas á sede da empresa en Galicia de clientes, importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescritores, todas realizadas desde o estranxeiro, co obxecto de dar a coñecer ao exterior as posibilidades da empresa e os seus produtos e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación. Inclúese tamén a organización de eventos virtuais organizados pola propia empresa dirixidos ao publico internacional (catas, seminarios, xornadas de formación a prescritores etc.).

c) Accións de prospección en mercados internacionais:

c.1) Axendas de reunións, incluídas as axendas virtuais.

c.2) Desenvolvemento de clientes no estranxeiro: metodoloxía enfocada en descubrir mercados para a empresa e os seus produtos, apostando por descubrir e aprender dos propios clientes, ofrecendo un produto que realmente necesiten.

c.3) Seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores no estranxeiro para consolidación do negocio.

d) Accións de operatividade da internacionalización:

d.1) Xestión de acordos comerciais internacionais, certificacións, homologacións e rexistros de marcas e patentes de produtos e servizos para o estranxeiro.

d.2) Seguros de crédito á exportación.

2. Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario, na cal se poderán incluír varias accións das mencionadas nas letras a) á e) deste artigo. No caso de presentar máis dunha solicitude atenderase a primeira presentada, no caso de non mediar desistencia ou renuncia da anterior.

Os puntos 1 e 2 do artigo 5 quedan redactados da seguinte maneira:

Artigo 5. Condicións dos conceptos subvencionables

1. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes, que reúnen os requisitos establecidos na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020 e que se materializan nos seguintes conceptos:

a) Gastos subvencionables para accións de difusión:

a.1) Gastos subvencionables para accións de difusión citadas na letra a.1) do artigo 1.1. Só se subvencionarán os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións en medios de comunicación.

a.2) Gastos subvencionables para accións de difusión citadas na letra a.2) do artigo 1.1. Só se subvencionarán os gastos de deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión de material promocional para difusión en mercados estranxeiros.

b) Gastos subvencionables para accións de promoción:

b.1) Gastos subvencionables para accións de promoción citadas na letra b.1) do artigo 1.1. O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 40.000 € por cada evento en que se participe.

1º. Gastos de viaxe de dúas persoas por empresa solicitante á cidade de realización do evento desde algunha cidade de España. Por motivos empresariais admitirase que se emprenda a viaxe ou se retorne doutro ou a outro país distinto de España; nese caso só se subvencionará o aloxamento do país en que ten lugar a acción.

Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas e seguros de viaxe.

Límites destes gastos: os indicados no anexo IV.

2º. Aloxamento de dúas persoas por empresa (en réxime de aloxamento e almorzo), cun máximo de 5 pernoctacións, cos límites indicados no anexo IV. Algunha das pernoctacións debe coincidir coas datas de realización do evento en que se participa.

No caso de accións en máis dun país, engadiranse un máximo de 2 pernoctacións máis subvencionadas por país cun máximo total de 10 pernoctacións.

3º. Gastos de alugamento de espazos e servizos relacionados co dito aluguer; alugamento de caseta (stand); construción, montaxe e desprazamento de caseta; decoración de caseta; alugamento de mobiliario; contratación de persoal de apoio como intérpretes, modelos ou auxiliares de programa; envío de material promocional e mostras co seu seguro correspondente, así como as cotas de participación en feiras virtuais.

b.2) Gastos subvencionables para accións de promoción citadas na letra b.2) do artigo 1.1.

1º. Gastos de viaxe dun máximo de 3 persoas por acción. Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas e seguros de viaxe.

Límites destes gastos: os indicados no anexo IV.

2º. Aloxamento en Galicia dun máximo 3 persoas por acción (en réxime de aloxamento e almorzo), cun máximo de 5 pernoctacións, cos límites indicados no anexo IV.

3º. Gastos de intérpretes durante a visita e/ou para a realización dun evento virtual, así como os de asistencia técnica necesarios para a realización dos eventos virtuais.

c) Gastos subvencionables para accións de prospección citadas na letra c) do artigo 1.1. O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 6.000 € por solicitude.

Gastos de servizos de consultoría para a realización de axendas (non será subvencionable a mera realización da axenda se non se executa coas reunións correspondentes dentro do prazo de execución da axuda), desenvolvemento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais.

En relación cos gastos de servizos en destino para a realización de axendas, desenvolvemento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais, as empresas que presten este tipo de servizos descritos neste punto deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape.

Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado por oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro, ou oficinas comercias ou organismos públicos españois ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.

d) O gasto subvencionable para accións de operatividade da internacionalización:

d.1) Gastos de asistencia xurídica, técnica e servizos para a tradución de documentación

d.2) Gastos de pólizas de seguros de crédito á exportación.

2. Os gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape. Non se poderá incorrer en ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.

O punto 5 do artigo 15 queda redactado do seguinte xeito:

Artigo 15. Xustificación da subvención

(...)

5. Xunto coa solicitude de cobramento, o beneficiario da axuda presentará a seguinte documentación:

a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberá conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas, deberá achegarse unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel.

b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento foi realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supor unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas nas accións e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo en que conste o cambio empregado.

c) Memoria de resultados, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación, na cal se expoñan co suficiente grao de detalle as accións desenvolvidas e resultados ou obxectivos acadados e situación do solicitante de axuda polo que se refire ao/s mercado/s obxectivo unha vez que se realicen as accións.

d) No caso de concesión de axuda para accións de difusión das referidas no artigo 1.1.a.1), será necesario achegar copia de informe de execución onde consten os medios, datas das insercións e, de ser o caso, fotos delas.

e) No caso de concesión de axuda para actuacións de promoción das referidas no artigo 1.1.b.1) será necesario achegar:

1) Copia de informe de execución (segundo modelo do anexo V).

2) No caso de gastos de viaxe: documentación para xustificar a orixe e o destino de cada traxecto e as datas (tarxetas de embarque de ida e volta, billetes e/ou tíckets ou outra documentación que o xustifique).

3) No caso de gastos de aloxamento: documentación para xustificar o número de pernoctacións (bono de reserva de aloxamento ou factura de xeito que quede demostrada a data do aloxamento).

f) No caso de concesión de axuda para actuacións de promoción das referidas no artigo 1.1.b.2) será necesario achegar:

1) Copia de informe de execución (segundo modelo do anexo V).

2) Os documentos citados na letra anterior e)2 e e)3 para a xustificación de gastos de viaxe e gastos de aloxamento de cada integrante das visitas de clientes á sede da empresa en Galicia.

g) No caso de concesión de axuda para a realización de accións e prospección de mercados das previstas no artigo 1.1.c), será necesario achegar copia do informe de execución asinado polo provedor onde se indique como mínimo: situación do solicitante da axuda –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados. E de ser o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas.

No caso de que se trate de accións do tipo das recollidas nos artigos 1.1.b.1), 1.1.b.2), 1.1.c) afectadas na súa realización pola incidencia COVID-19, non será preciso detallar os resultados obtidos nin os documentos das letras e.2, e.3, e g); o detalle da acción, as actuacións e os resultados deberán ser substituídos por un informe detallado do grao de afectación na actuación.

h) Copia das tres ofertas que deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.4 das bases reguladoras, no caso de non achegalas coa solicitude de axuda.

i) No caso de gastos de envío de material promocional e mostras debe achegar –no caso de envíos fóra da UE– copia da documentación relativa ao contido do envío.

j) Cumprimento da obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 14.g) destas bases: fotografías do cartel na empresa (con plano xeral de localización e de detalle), imaxes do sitio da internet, de acordo co indicado no anexo III destas bases.

k) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso para as mesmas accións, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

l) Para a xustificación das accións recollidas no artigo 1.1.d), nome da persoa que realiza o curso e proba de empregado na empresa, programa do curso realizado, así como certificado de realización do curso expedido polo organizador.

m) Para a xustificación das accións recollidas no artigo 1.1.e), copia dun informe realizado polo solicitante dos resultados obtidos durante o período en que se indique como mínimo a situación antes e unha vez realizada a acción, polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

O beneficiario deberá cubrir na ficha resumo de facturas do formulario electrónico de liquidación os seguintes datos relativos á contabilidade nos cales se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 14.e): número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

O beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa polos mesmos medios que os establecidos no artigo 7 para a presentación da documentación complementaria á solicitude. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo coa copia electrónica presentada.

O punto 4 do artigo 17 queda redactado do seguinte xeito:

Artigo 17. Perda do dereito á subvención e reintegro

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión da axuda, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro co seguinte criterio:

No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables; se é o caso, deberanse reintegrar as cantidades percibidas na dita proporción.

Artigo 2

Esta modificación entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2020

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica