Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia resolución de execución subsidiaria de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido nos artigos 21, 22 e 23 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas e a concesión do trámite de audiencia por prazo de quince días (15) durante os cales poderán os interesados alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulguen oportunas.
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación así como da totalidade do expediente administrativo, se atopan á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo do Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
|
Núm. expediente |
Referencia catastral |
Situación |
DNI do titular catastral |
|
5594/2018 |
4069103PJ1346N0002KM |
CR Ribadeo-terceira, 90 27863 Plantío, Celeiro, Viveiro |
33677670N |
|
4069114PJ1346N0002ZM |
CR Ribadeo-terceira, 291 27863 Plantío, Celeiro, Viveiro |
En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003 |
Viveiro, 19 de xuño de 2020
María Loureiro García
Alcaldesa


