Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 8 de xullo de 2020 Páx. 27097

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo polo que se constitúe a Comisión Paritaria do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA).

Visto o texto do acordo, polo que se adoptan entre outros a constitución da Comisión Paritaria do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA), subscrito pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a Confederación Intersindical Galega (CIG), a Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia) e o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (SN de CC.OO. de Galicia), e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, a Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Comisión Paritaria do AGA

Acta 1/2020

Asistentes:

Presidenta: Marisa Peña Cebreiro

Conselleiros e conselleiras:

– Pola Confederación Intersindical Galega:

Miguel Anxo Malvido Cabirto

– Polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia:

Xesús Castro Baamonde

Maica Bouza Seoane

– Polo Sindicato Unión Xeral de Traballadores de Galicia:

Beatriz Meilán del Río

José Carlos Rodríguez del Río

– Pola Confederación de Empresarios de Galicia:

Marta Amate López

José Manuel Maceira Blanco

José Antonio Neira Cortés

Secretario: Celso Araújo Castro

En Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do día 21 de febreiro de 2020, na sala de xuntas do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas relacionadas anteriormente baixo a presidencia de Marisa Peña Cebreiro, secretaria do consello.

Unha vez aberta a sesión por parte da presidenta, dá comezo o tratamento dos asuntos previstos na orde do día.

Tras un longo debate, adóptanse os seguintes acordos:

1. De conformidade co disposto na disposición adicional cuarta do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA), subscrito con data do 28 de novembro de 2019, constitúese a Comisión Paritaria do dito acordo, que queda integrada polas seguintes persoas:

– En representación da Confederación de Empresarios de Galicia:

José Antonio Romarís Ferreiro.

José Ramón Franco Caaveiro.

Javier Martínez López.

Jaime Pereira Nóvoa.

Luis Lamas Novo.

Javier Touza Touza.

José Antonio Neira Cortés.

– En representación da Confederación Intersindical Galega:

Francisco Xavier González Sío.

Lucía Freire Ces.

Miguel Malvido Cabirto.

– En representación da Unión Xeral de Traballadores de Galicia:

José Carlos Rodríguez del Río.

Beatriz Meilán del Río.

–En representación de Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia:

Maica Bouza Seoane.

Xesús Castro Baamonde.

2. Acórdase aprazar a aplicación do disposto no título I: procedemento de solución de conflitos individuais do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA), subscrito con data do 28 de novembro de 2019 (publicado no DOG núm. 29, do 12 de febreiro de 2020) ata o cumprimento do disposto na disposición adicional segunda do devandito acordo, relativa ao Rexistro de Actuantes, todo isto agás acordo en contra acadado por esta comisión paritaria e publicado no DOG.

Este acordo entrará en vigor na data da súa sinatura, con independencia da data de publicación no DOG.

3. Delégase en Ignacio Bouzada Gil, funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, a realización dos trámites de depósito, rexistro e publicación deste acordo ante a autoridade laboral competente.

E non habendo máis asuntos que tratar, dáse por rematada a xuntanza, ás 13.00 horas do día sinalado no encabezamento, redáctase acta do tratado que é asinada polos asistentes en proba de conformidade.