Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 9 de xullo de 2020 Páx. 27414

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D19/2020, do 30 de xuño, pola que se nomea profesora contratada doutora a Lara Febrero Garrido (PCD-20).

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola Comisión de selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesor contratado doutor PCD-20 do Centro Universitario da Defensa (en diante, CUD) situado na Escola Naval Militar de Marín, convocada mediante a Resolución D/01/2020, do 13 de xaneiro de 2020 (DOG do 22 de xaneiro), e unha vez presentada pola candidata proposta a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria, esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a Lara Febrero Garrido, con DNI ***5304**, profesora contratada doutora do Centro Universitario da Defensa situado na Escola Naval Militar de Marín.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato pola persoa interesada.

Marín, 30 de xuño de 2020

José María Pousada Carballo
Director do Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín