Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 9 de xullo de 2020 Páx. 27413

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D14/2020, do 26 de xuño, pola que se nomea profesora contratada doutora a Alicia Vázquez Carpentier (PCD-19).

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola Comisión de Selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesor contratado doutor PCD-19 do Centro Universitario da Defensa (en diante, CUD), situado na Escola Naval Militar de Marín, convocada por Resolución D/01/2020, do 13 de xaneiro (DOG do 22 de xaneiro), e unha vez presentada pola candidata proposta a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria, esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a Alicia Vázquez Carpentier, con DNI ***8072**, profesora contratada doutora do Centro Universitario da Defensa, situado na Escola Naval Militar.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato por parte da persoa interesada.

Marín, 26 de xuño de 2020

José María Pousada Carballo
Director do Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín