Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 9 de xullo de 2020 Páx. 27411

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de notificación da comunicación para lembrar a obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ás persoas responsables, descoñecidas, deste concello.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ao non poder determinarse a identidade das persoas responsables, comunícaselles a aquelas que resulten responsables, conforme os artigos 22.1 e 21 ter da citada lei, a obriga legal de proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas prohibidas, nas parcelas que se detallan no presente anuncio.

Advírteselles que, no caso de persistencia no incumprimento, poderase proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Segundo o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, o presente anuncio deberá publicarse no DOG e no BOE, e o prazo de quince (15) días para o cumprimento da obriga sinalada computará desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Parcelas afectadas:

Ref. catastral

Parroquia

Lugar

Polígono

Parcela

15083A102000880000TI

Lampai

A Grela

102

88

15083A102000870000TX

Lampai

A Grela

102

87

15083A102000860000TD

Lampai

A Grela

102

86

15083A102000850000TR

Lampai

A Grela

102

85

15083A102000840000TK

Lampai

A Grela

102

84

15083A102000830000TO

Lampai

A Grela

102

83

15083A102000820000TM

Lampai

A Grela

102

82

15083A102000810000TF

Lampai

A Grela

102

81

15083A102000800000TT

Lampai

A Grela

102

80

15083A102000790000TM

Lampai

A Grela

102

79

15083A501004150000KQ

Luou

Bustelo

501

415

15083A086003070000LH

Luou

Bustelo

86

307

Teo, 19 de xuño de 2020

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde