Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 9 de xullo de 2020 Páx. 27408

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO de aprobación de cambio de uso de parcela municipal.

O Pleno do Concello de Curtis, en sesión plenaria ordinaria do 26 de maio de 2020, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar, ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o cambio de uso dotacional da parcela sita no lugar do Padreiro, parroquia de Fisteus, inscrita no inventario municipal de bens (código 1INM03200005), con referencia catastral 001200800NH77E0001EP, de uso dotacional docente a uso dotacional sanitario-asistencial.

Segundo. Publicar o presente acordo no BOP e no DOG, e remitir o dito acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, para o seu coñecemento e efectos, así como para a inclusión nos sistemas de información urbanística da Comunidade Autónoma. No anuncio de aprobación, farase constar a dita remisión».

Contra esta disposición administrativa de carácter xeral pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme co dereito.

Curtis, 16 de xuño de 2020

Javier Fco. Caínzos Vázquez
Alcalde