A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 27.5.2020, aprobou inicialmente o estudo de detalle para a ordenación da parcela E.1.3 da vía H do parque empresarial As Gándaras do concello de Lugo, formulado pola mercantil Vazmar Lucus, S.L., representada por Adrián Rodríguez Fernández e redactado pola arquitecta Ana Rodríguez Fernández.
Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes durante o cal poderá ser examinado no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.
Lugo, 9 de xuño de 2020
A alcaldesa
P.D. (Decreto número 19005695)
Miguel Ángel Couto Alonso
Concelleiro delegado de Urbanismo Sostible