Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27844

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2020 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para as actuacións da execución das obras de construción do Centro Integral de Saúde de Lalín.

De conformidade co previsto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución da Presidencia do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, do 1 de xullo de 2020, pola que se encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para a execución das obras de construción do novo Centro Integral de Saúde de Lalín.

– Actividade: a axencia asumirá a xestión das actuacións para a execución das obras de construción do novo Centro Integral de Saúde de Lalín.

Para a realización desta encomenda de xestión a Axencia Galega de Infraestruturas asume a posición de órgano encomendado e desenvolverá todos aqueles actos e negocios xurídicos propios da preparación, selección de persoa contratista, adxudicación e execución de obras públicas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a presente resolución de encomenda de xestión constitúe o instrumento xurídico polo que se regula a prestación encomendada a desenvolver por parte da Axencia Galega de Infraestruturas, consonte o establecido no artigo 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, en relación cos artigos 8 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e seranlle de aplicación os artigos 47 e seguintes da dita lei.

De conformidade co artigo 6.3 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, é un negocio xurídico excluído do ámbito de aplicación desta lei.

No non previsto nestas condicións básicas de execución, á presente encomenda de xestión seralle de aplicación o acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 15 de xullo de 2015.

– Prazo de vixencia: estenderase desde o día seguinte á súa sinatura ata a data de finalización do prazo de garantía das obras.

O dito prazo prorrogarase automaticamente por períodos dun ano, agás que se exprese por algunha das partes a vontade da súa resolución cunha antelación mínima dun mes á data de remate deste e, en todo caso, ata que as obras sexan recibidas pola administración.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2020

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde