Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27890

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Aranga

ANUNCIO de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

Ponse en coñecemento dos interesados que o Pleno Municipal do concello de Aranga, na sesión do día 16.6.2020, aprobou provisionalmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a ordenación detallada do sector de solo urbanizable I3.

Acordou, igualmente, a apertura dun novo prazo de exposición pública de dous meses, contados a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia a efectos de que se poidan presentar alegacións ou reclamacións. No caso de non presentarse ninguna, o acordo quedará elevado a definitivo.

Aranga , 18 de xuño de 2020

Alberto Platas Álvarez
Alcalde