Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

ANUNCIO do 23 de xuño de 2020 polo que se dá publicidade da convocatoria e das bases reguladoras do proceso de selección para a contratación, pola modalidade de relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, conforme o disposto no Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, de vinte (20) prazas de actrices e actores, coa categoría de protagonistas (1) e principais (19) para as producións dos anos 2020/2021 do Departamento de Produción Teatral a partir das pezas O charco de Ulises, Terceiro Acto e Serva me, Sevabo te.

Co obxecto de levar a cabo as producións teatrais previstas para 2020/2021 e en consecuencia proceder á selección das actrices e actores que formarán parte do elenco, para a súa contratación mediante relación laboral de carácter especial, aprobáronse as bases que rexerán este proceso selectivo.

Conforme co disposto na base novena, para garantir a publicidade deste procedemento,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria para a selección de vinte prazas (20) de actrices e actores, coas categorías de protagonistas e principais, no ano 2020/2021 das producións teatrais a partir das pezas O charco de Ulises, Terceiro Acto e Serva me, Sevabo te.

As bases que rexen este proceso, así como o resto da documentación relativa a esta convocatoria, poden consultarse na páxina web http://www.agadic.gal/ e no taboleiro de anuncios da axencia.

A presentación de solicitudes e a documentación anexa deberá realizarse preferiblemente por vía electrónica a través do modelo de instancia dispoñible na páxina web da Agadic, no enderezo de correo electrónico audicions.cdg@xunta.gal. Para a presentación poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, inclusive o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria realizaranse conforme ao disposto nas bases que se anuncian.

Contra esta convocatoria, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante a Presidencia da Agadic no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Os actos que deriven desta convocatoria poderán ser impugnados nos casos e forma establecidos pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2020

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega
das Industrias Culturais