Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 14 de xullo de 2020 Páx. 28079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 22 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a comunicación ditada por esta secretaría en relación co procedemento sancionador 2018326TA-CO por infracción en materia sanitaria.

O 5 de marzo de 2020, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade asinou a comunicación pola que responde ao escrito presentado o día 19 de febreiro de 2020 en relación co recurso de alzada interposto no seo do procedemento sancionador 2018326TA-CO por infracción en materia sanitaria. Intentada a notificación á persoa interesada, foi devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, notifícaselle a dita comunicación.

Así mesmo, e como segundo o artigo 46 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a publicación da comunicación pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, este anuncio limitarase á publicación, como anexo, dunha breve indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do dito acto e constancia de tal coñecemento.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2020

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Número de expediente: 2018326TA-CO.

NIF: 76400408C.

Contido da notificación: comunicación do secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, do 5 de marzo de 2020, pola que se responde a escrito presentado o día 19 de febreiro de 2020 en relación co procedemento sancionador 2018326TA-CO.

Último enderezo coñecido: rúa Cerrallón, nº 16, 2º, 15570 Narón (A Coruña).

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, 15703, Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: dez (10) días.