Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 14 de xullo de 2020 Páx. 28077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 30 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/201-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada modificado 1 recuamento LMT GRN-708 rúa Brasil, no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/201-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración está ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión das correspondentes valoracións ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 30 de xuño de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/201-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: modificado 1 recuamento LMT GRN-708 rúa Brasil.

Concello: Arteixo.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

2

Meicende

Manuel Antelo e Victorino Ramos