Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 16 de xullo de 2020 Páx. 28394

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 104/2019).

Eu, Mariña Pilar García de Evan, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 104/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfonso Rey Pérez contra Fidel Derivados Cárnicos, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2020.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Fidel Derivados Cárnicos, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 27.346,81 euros en concepto de principal (8.137,21 euros en concepto de indemnización máis 19.209,6 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 2.734,68 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza