Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 16 de xullo de 2020 Páx. 28396

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 201/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 201/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Ares González contra Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2020.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Ana María Ares González presentou demanda de execución contra Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Refojo e González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A. e Fogasa.

Segundo. Ditouse auto en que se despacha execución do 17 de outubro de 2019 polo que se dispón que a letrada da Administración de xustiza sinalará data para vista do incidente.

Terceiro. Mediante Auto do 2 de decembro de 2019 declarouse extinguida a relación laboral entre Ana María Ares González e Campiñas de Laíño, S.A., Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L. e Refojo y González, S.L. e condénanse estes a aboarlle á executante 29.270,08 euros en concepto de indemnización e 27.430,48 euros en concepto de salarios de tramitación.

Cuarto. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e a Ana María Ares González.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS) que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo, se realizarán as investigacións procedentes e, de seren infrutuosas total ou parcialmente, o/a letrado/a da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar os executados, Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Refojo y González, S.L. e Campiñas de Laíño, S.A., en situación de insolvencia total por importe de 50.700,56 euros en concepto de principal (29.270,08 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 27.430,48 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 5.070,05 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación; insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme esta resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres (3) días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente, (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo Concepto, “recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida de “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso en que foi ditada só se poderá levar a cabo logo de disociación dos datos de carácter persoal que estes conteñan e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexudicados, cando cumpra.

Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos nin comunicados con fins contrarios ás leis.

Para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza