Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 16 de xullo de 2020 Páx. 28434

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle na estrada Baños de Arteixo, número 34, no polígono da Grela, promovido por Showa Denko Carbón Spain, S.A. (expediente 631/2019/77).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 2 de xullo de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o documento denominado Estudo de detalle para ampliación de instalacións. Showa Denko Carbón Spain, S.A. Maio de 2020, redactado polo arquitecto Vicente Fernández-Couto Gómez e o enxeñeiro Industrial Alberto Castro Martínez, e promovido por Showa Denko Carbón Spain, S.A.

Segundo. Ordenar a publicación e realización dos trámites administrativos recollidos no artigo 82 e 88 da Lei 2/2026, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Terceiro. Notificar este acordo ao promotor do estudo de detalle e ás áreas municipais interesadas na tramitación do expediente.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar nas dependencias municipais de Urbanismo, na páxina web de Urbanismo do Concello https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe de Planeamento/planeamento vixente ou ben, desde a mesma web, a través do Visor Desenvolvemento do Planeamento.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

A Coruña, 6 de xullo de 2020

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3829/2019; BOP núm. 124, do 3 de xullo)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade