Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 17 de xullo de 2020 Páx. 28580

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 8 de xullo de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG número 107, do 7 de xuño), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 48, do 8 de marzo), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas.

De conformidade coa base V.2 da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta relación de aprobados, para presentar a documentación prevista nas letras a), b) e c) da citada base e, se for o caso, a indicada na base V.3 da convocatoria.

Segundo. Elevar a dita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os aspirantes que figuran nela sexan propostos para o seu nomeamento como funcionarios en prácticas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2020

Margarita Rodríguez Rama
Presidenta do tribunal

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

Total

***4386**

Serramito Calvo, Cristina

16,51

30,19

28,93

Exento

75,63

***2601**

Pérez González, Óscar

13,42

27,31

25,45

Exento

66,18

***1890**

Agrelo Carballeda, Silvia

14,21

27,31

21,64

Exento

63,16

***5004**

Iglesias Fernández, Verónica

10,22

29,23

23,48

Exento

62,93

***8508**

Moreno Veloso, María Sonia

11,62

26,67

20,48

Exento

58,77

***2273**

Vázquez Regueiro, María Dolores

11,05

24,29

21,61

Exento

56,95

***7892**

Jiménez Acevedo, Jenifer

12,10

23,46

20,51

Exento

56,07

***5987**

Seoane Fernández, Julián

13,48

19,42

21,03

Exento

53,93

***4766**

Martínez Nieto, Eva

13,68

19,29

19,14

Exento

52,11

***5589**

Grela Carballeira, Irene

10,51

18,46

23,03

Exento

52,00