Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 17 de xullo de 2020 Páx. 28499

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2020 pola que se adxudican as axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e nos organismos de investigación en Galicia (programa Talento Sénior), convocadas pola Resolución do 31 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 27 de febreiro).

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación do 31 de decembro de 2019 (DOG nº 26, do 27 de febreiro) convócanse as subvencións para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e nos organismos de investigación en Galicia.

No seu artigo 19 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a Comisión de Selección establecida no artigo 16 seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 17.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada na sesión do 22 de xuño de 2020 pola Comisión de Selección establecida no artigo 16 das bases da Resolución do 31 de decembro de 2019, a Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para o fomento da contratación de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e nos organismos de investigación en Galicia que figuran como anexo I a esta resolución.

2. Elaborar unha listaxe de agarda para as entidades relacionadas no anexo II cos restantes contratos solicitados, segundo a orde establecida na convocatoria, de xeito que, en primeiro lugar, figuren por orde decrecente de puntuación os contratos solicitados que aínda non foron seleccionados para acceder ao financiamento e, en segundo lugar, os restantes contratos solicitados por aquelas entidades que teñan pedido dúas contratacións, tendo en conta que a convocatoria establece unha puntuación mínima de 120 puntos para ser beneficiaria destas axudas.

3. O importe total das axudas concedidas é de 905.405,91 euros, con cargo ás aplicacións orzamentarias que se recollen no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Ano 2020 (€)

Ano 2021 (€)

Ano 2022 (€)

Total

09.A3.561A.470.0

281.704,50 €

140.852,25 €

140.852,25 €

563.409,00 €

09.A3.561A.480.0

109.220,97 €

54.610,47 €

54.610,47 €

218.441,91 €

09.A3.561A.441.15

61.777,50 €

30.888,75 €

30.888,75 €

123.555,00 €

Total

452.702,97 €

226.351,47 €

226.351,47 €

905.405,91 €

4. Estas axudas están financiadas con cargo a fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia.

5. O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 25 da resolución de convocatoria.

6. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no devandito artigo 25 da resolución de convocatoria no prazo establecido no seu punto 1.

7. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante a Presidencia da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Relación de solicitudes concedidas (ordenadas por número de expediente)

Empresas:

Nº expediente

NIF

Entidade

Persoal de alta cualificación nº

Importe 2020

Importe 2021

Importe 2022

Total axuda (€)

Aplicación orzamentaria

Réxime de minimis (Regulamento (UE) 1407/2013)

06_IN858A_2020_693541

B87359485

Eccocar Sharing, S.L.

1

31.680,00

15.840,00

15.840,00

63.360,00

09 A3 561A 4700

Si

07_IN858A_2020_697879

B27500495

Tecnology Energy Chain XXI, S.L.

1

57.600,00

28.800,00

28.800,00

115.200,00

09 A3 561A 4700

Si

08_IN585A_2020_729132

B70409628

Linknovate Science, S.L.

1

44.995,50

22.497,75

22.497,75

89.991,00

09 A3 561A 4700

Si

11_IN858A_2020_862886

B27701028

Edafotec, S.L.

1

31.680,00

15.840,00

15.840,00

63.360,00

09 A3 561A 4700

Si

17_IN858A_2020_989845

A15476740

Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

1

61.777,50

30.888,75

30.888,75

123.555,00

09.A3.561A.441.15

Si

19_IN858A_2020_997565

B15964521

Mestrelab Research, S.L.

1

37.224,00

18.612,00

18.612,00

74.448,00

09 A3 561A 4700

Si

22_IN858A_2020_1004582

B27761105

Energanova Soluciones, S.L.

1

31.680,00

15.840,00

15.840,00

63.360,00

09 A3 561A 4700

Si

23_IN858A_2020_1005528

B27830512

Netum Solutions, S.L.

1

46.845,00

23.422,50

23.422,50

93.690,00

09 A3 561A 4700

Si

Organismos de investigación e centros tecnolóxicos:

Nº expediente

NIF

Entidade

Persoal de alta cualificación nº

Importe 2020

Importe 2021

Importe 2022

Total axuda (€)

Aplicación orzamentaria

12_IN858A_2020_907297

G15305923

Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia

1

35.648,92

17.824,45

17.824,45

71.297,82

09 A3 561A 4800

15_IN858A_2020_973161

G36606291

Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste-Centro Tecnolóxico Aimen

1

35.640,90

17.820,44

17.820,44

71.281,78

09 A3 561A 4800

16_IN585A_2020_986937

Q2818002D

Instituto de Investigacións Mariñas-Consello Superior de Investigacións Científicas

1

37.931,15

18.965,58

18.965,58

75.862,31

09 A3 561A 4800

ANEXO II

Relación de solicitudes en lista de espera

Empresas:

Nº expediente

Entidade

NIF

Número de contrato

26_IN858A_2020_1008419

Egatel, S.L.

B32151532

1

09_IN858A_2020_782016

Genome4care, S.L.

B70615943

1

26_IN858A_2020_1008419

Egatel, S.L.

B32151532

2

05_IN858A_2020_979894

Idea Servicios Sociosanitarios de Galicia, S.L.

B71368096

1

20_IN858A_2020_1000401

Arjuna Therapeutics, S.L.

B70573209

1

04_IN858A_2020_647621

Industrias Técnicas de Galicia, S.A.

A36610509

1

25_IN858A_2020_1005995

Libera Bio, S.L.

B70617329

1

01_IN858A_2020_ 204591

Little Electric Car España, S.L.

B27743251

1

02_IN858A_2020_ 212466

Cristalería Pontevedresa, S.L.

B36061968

1

13_IN858A_2020_953602

Teimas Desenvolvemento, S.L.

B70179973

1

14_IN858A_2020_954383

Regasificadora del Noroeste, S.A.

A15685324

1

24_IN858A_2020_1005560

Inergeo, S.L.

B2788189

1

21_IN858A_2020_1003523

Redegal, S.L.

B32318354

1

20_IN858A_2020_1000401

Arjuna Therapeutics, S.L.

B70573209

2

10_IN858A_2020_812699

Qubitia Solutions, S.L.

B94049624

2

10_IN858A_2020_812699

Qubitia Solutions, S.L.

B94049624

1

18_IN858A_2020_997784

Situm Technologies, S.L.

B70401229

1

03_IN858A_2020_ 237675

Engtech Composites Lab., S.L.

B70518550

1

03_IN858A_2020_ 237675

Engtech Composites Lab., S.L.

B70518550

2

Organismos de investigación e centros tecnolóxicos:

Nº expediente

Entidade

NIF

Número de contrato

12_IN858A_2020_907297

Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia

G15305923

2

15_IN858A_2020_973161

Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste-Centro Tecnolóxico Aimen

G36606291

2