Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 20 de xullo de 2020 Páx. 28707

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2020, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 80, do 26 de abril, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio.

Consonte o previsto na base II.1.2 da orde de convocatoria do proceso selectivo, convócanse os seguintes aspirantes para a realización do segundo exercicio o día 5 de outubro de 2020, ás 16.30 horas, na sala E do edificio administrativo de San Caetano:

Idioma inglés:

Mosquera Ferreiro, Alfonso

***7972**

Pigni Giraudo, Agustín

***8160**

Rodicio Cimadevilla, Guillermo José

***2916**

Díaz Cuenca, Isabel

***9195**

Idioma portugués:

Rúa Andrade, María Cruz

***6179**

Idioma francés:

Couceiro Cachaldora, Josefa

***8639**

As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2020

Isabel Álvarez Caramés
Presidenta do tribunal