Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 20 de xullo de 2020 Páx. 28699

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Servizos Sociais

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2020 pola que se publican as resolucións do 13 de xullo de 2020, das xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo da Consellería de Política Social, polas que se resolve a aprobación da relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os e da lista de espera para o curso 2020/21 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia.

Con data do 15 de maio de 2020 publicouse a Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2020/21.

De conformidade co disposto no artigo 14.1, correspóndelle á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da Dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas que se poderán consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Así mesmo, o artigo 15 establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro das resolucións do 13 de xullo de 2020, das xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo da Consellería de Política Social, polas que se resolve a aprobación da relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os e da lista de espera para o curso 2020/21 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia, que se xuntan á presente resolución nos anexos I, II, III e IV, respectivamente.

Segundo. Comunicar que as resolucións do 13 de xullo de 2020, das xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo da Consellería de Política Social, que finalizan este procedemento, esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Unha vez notificada a resolución, as persoas ás cales se adxudicou praza disporán dun prazo de oito días computado a partir do día seguinte ao desta publicación para a formalización da matrícula no centro onde obtiveron a dita praza.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2020

O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais
P.S. (Disposición transitoria primeira Decreto 40/2014, do 20 de marzo)
Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO I

Resolución do 13 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña
da Consellería de Política Social, pola que se aproba a relación definitiva
de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2020/21
nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia da Coruña

Con data do 15 de maio de 2020 publicouse a Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2020/21.

O día 29 de xuño de 2020 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de cinco días para efectuar reclamacións, transcorrido o dito prazo comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co disposto no artigo 14.1, correspóndelle á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da Dirección da Axencia Galega de Servizos sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 20 de xullo na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, así como na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula é de oito días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para o cal se deberá achegar a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interporse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda rexeitada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interporse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 13 de xullo de 2020

O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais, P.D. (Artigo 14.1 Resolución do 27.4.2020), María Blanco Aller, xefa territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

ANEXO II

Resolución do 13 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo
da Consellería de Política Social, pola que se aproba a relación definitiva
de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2020/21
nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Lugo

Con data do 15 de maio de 2020 publicouse a Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2020/21.

O día 29 de xuño de 2020 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de cinco días para efectuar reclamacións, transcorrido o dito prazo comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co disposto no artigo 14.1, correspóndelle á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da Dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 20 de xullo na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, así como na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula é de oito días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para o cal se deberá achegar a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interporse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda rexeitada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interporse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 13 de xullo de 2020

O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais, P.D. (Artigo 14.1 Resolución do 27.4.2020), Mª Cristina Abades Martínez, xefa territorial de Lugo da Consellería de Política Social.

ANEXO III

Resolución do 13 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense
da Consellería de Política Social, pola que se aproba a relación definitiva
de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2020/21
nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Ourense

Con data do 15 de maio de 2020 publicouse a Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2020/21.

O día 29 de xuño de 2020 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de cinco días para efectuar reclamacións, transcorrido o dito prazo comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co disposto no artigo 14.1, correspóndelle á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da Dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 20 de xullo na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, así como na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula é de oito días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para o cal se deberá achegar a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interporse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda rexeitada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interporse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Ourense, 13 de xullo de 2020

O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais, P.D. (Artigo 14.1 Resolución do 27.4.2020), María José Fernández Laso, xefa territorial de Ourense da Consellería de Política Social.

ANEXO IV

Resolución do 13 de xullo de 2020,da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2020/21 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Pontevedra

Con data do 15 de maio de 2020 publicouse a Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2020/21.

O día 29 de xuño de 2020 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de cinco días para efectuar reclamacións, transcorrido o dito prazo comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co disposto no artigo 14.1, correspóndelle á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da Dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 20 de xullo na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, así como na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula é de oito días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para o cal se deberá achegar a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interporse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda rexeitada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interporse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 13 de xullo de 2020

O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais, P.D. (Artigo 14.1 Resolución do 27.4.2020, María José Pérez-Izaquirre López, xefa territorial de Vigo da Consellería de Política Social.