Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 20 de xullo de 2020 Páx. 28741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se notifica a resolución do procedemento correspondente ao expediente sancionador INC-LU-0053/2019-LSA.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento correspondente ao expediente sancionador INC-LU-0053/2019-LSA.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Subdirección Xeral de Prevención, sitas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da presente, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido este prazo sen ter presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa, sendo inmediatamente executiva, de conformidade co previsto no artigo 90 da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2020

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente: INC-LU-0053/2019-LSA.

Persoa interesada: Orlando Pena Chao.

Acto de notificación: resolución de procedemento.