Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 22 de xullo de 2020 Páx. 29010

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 141, do 16 de xullo, cómpre realizar a seguinte corrección:

No anexo da resolución, na páxina 28386, onde di: «Categorías 001, 002, 027, 029, 030, 031», debe dicir: «Categorías 001, 004, 023, 027, 029, 030, 031».