Convocada mediante a Resolución do 11 de setembro de 2019 (DOG núm. 200, do 21 de outubro), da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Radioloxía, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Radioloxía do Hospital da Mariña convocado mediante a Resolución do 11 de setembro de 2019 (DOG núm. 200, do 21 de outubro).
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.
Terceiro. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres (3) días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área sanitaria, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área sanitaria. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Quinto. Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Lugo, 9 de marzo de 2020
Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo,
A Mariña e Monforte de Lemos
ANEXO
Posto de traballo: xefe/a do Servizo de Radioloxía.
Nome e apelidos: Ignacio Docal Cabrera.
DNI: ***8675** (*).
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 15 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.