No Boletín Oficial da provincia número 121, do 26 de xuño de 2020, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2018:
– Cinco prazas de técnica ou técnico media/o de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala de xestión, integradas no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición libre.
– Catro prazas de técnica ou técnico media/o de arquivos, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o media/o, integradas no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición libre.
– Unha praza de arquitecta/o técnica/o, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o media/o, integrada no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición libre.
– Unha praza de técnica ou técnico media/o de contabilidade, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o media/o, integrada no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición libre.
– Unha praza de técnica ou técnico de formación, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o media/o, integrada no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición libre.
– Dúas prazas de redactor/a-corrector/a, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integradas no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición libre.
– Oito prazas de auxiliar de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, integradas no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.
– Unha praza de auxiliar de Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre, reservada para persoas con discapacidade.
– Unha praza de oficial/a mecánico/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.
– Unha praza de oficial/a tomador/a de mostras, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.
Pontevedra, 3 de xullo de 2020
A Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra |
Carlos Cuadrado Romay |