Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 23 de xullo de 2020 Páx. 29273

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de prazas vacantes do cadro de persoal funcionario (referencia CL2020F).

No Boletín Oficial da provincia núm. 121, do 26 de xuño 2020, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2018:

– Unha praza de técnica ou técnico superior en Medio Ambiente, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a superior, integrada no grupo A1, polo sistema de oposición libre.

– Unha praza de técnica ou técnico de mantemento, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio, integrada no grupo A2, polo sistema de oposición libre.

– Unha praza de auxiliar de Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre.

– Unha praza de ordenanza, encadrada na escala de Administración xeral, subescala subalterna, integrada no grupo E, polo sistema de oposición libre. Reservada para persoas con discapacidade intelectual.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 3 de xullo de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Diputado delegado da Área de Economía, Facenda e Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Diputación
Provincial de Pontevedra