Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 24 de xullo de 2020 Páx. 29378

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 23/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 23/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Pereira Morales contra Durcal Ocio y Comercio, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Polos motivos expostos, sinálase para a celebración dos actos de conciliación e xuízo oral no presente procedemento o día 26.8.2020, ás 9.30 horas o acto de conciliación e ás 9.35 horas o acto de xuízo oral.

Notifíquese ás partes a presente resolución e efectúese a citación de partes, testemuñas e peritos que viñer acordada en autos para a nova data e hora indicadas.

Así mesmo, requírese as partes co fin de que, polo menos con dous días de antelación ao xuízo oral, comuniquen a este xulgado, por correo electrónico (para evitar anticipar as probas e salvagardar o dereito de defensa), as testemuñas e/ou peritos que van concorrer á vista, identificados polo seu nome e apelidos e o seu DNI, co fin de poder realizar as correspondentes actuacións e coordinación co servizo de seguridade da sede xudicial para control de acceso a esta e dos aforos permitidos.

Así mesmo, se for parte no procedemento unha administración ou entidade pública infórmaselle de que ten a obrigación de efectuar remisión do expediente administrativo por LexNet en formato PDF-A, con posibilidade de lector óptico ORC, previamente indexado con hipervínculo, ou de modo telemático ao correo electrónico do xulgado.

E, igualmente, fágaselles saber ás partes que, co fin de garantir a axilidade das vistas, poden presentar a documental e informes periciais por vía LexNet previamente ao acto do xuízo oral.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administraciónde xustiza».

E para que sirva de notificación e citacion en legal forma a Durcal Ocio y Comercio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza