Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29539

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 16 de xullo de 2020 do procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña (código de procedemento BS213C).

A través da Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña, convocouse o procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir, dentro do ámbito da provincia da Coruña, medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial, segundo o establecido na LORPM, de conformidade coas bases establecidas no anexo I, a través da formalización dun convenio de colaboración (anexo IV).

Con data do 13 de xullo de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 10 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 30 de decembro de 2019.

O número décimo cuarto do anexo I da Resolución do 30 de decembro de 2019 establece que a resolución do procedemento se publicará no Diario Oficial de Galicia de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 16 de xullo de 2020, ditada no procedemento BS213C, de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña, que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 16 de xullo de 2020, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Unha vez notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do convenio coa entidade seleccionada, de acordo co modelo previsto no anexo IV. A data límite de sinatura do convenio será o 1 de outubro de 2020.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2020

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

«Resolución do 16 de xullo de 2020, ditada no procedemento BS213C, pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña.

A través da Resolución do 30 de decembro de 2019, pola que se convoca o procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña, convocouse o procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir na provincia da Coruña medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, ditadas polos xulgados de menores, e tarefas e actividades de reparación extraxudiciais, segundo o establecido na LORPM, de conformidade coas bases establecidas no anexo I, a través da formalización dun convenio de colaboración (anexo IV).

O día 14 de marzo de 2020 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada por COVID-19. A disposición adicional terceira do devandito real decreto determina que se suspenden os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente real decreto ou, se é o caso, as súas prórrogas.

No momento da suspensión estábase tramitando a emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da devandita Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña.

Mediante a Resolución da Consellería do 30 de abril de 2020, logo de acordo favorable do Consello da Xunta de Galicia do 24 de abril de 2020, para os efectos de garantir o funcionamento básico dos servizos públicos e protexer o interese xeral, acordouse a modificación e a prórroga do convenio vixente, e manter a suspensión do procedemento de selección.

O día 23 de maio de 2020 publícase no Boletín Oficial del Estado número 145 o Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma decretado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria orixinada por COVID-19. De conformidade co disposto no seu artigo 9, restablécese o cómputo dos prazos administrativos suspendidos desde o 1 de xuño de 2020 e, en virtude da súa disposición derrogatoria única, queda derrogada a disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, con efectos desde o 1 de xuño de 2020. Deste xeito, o 1 de xuño de 2020 retómase o prazo para resolver este procedemento, que se iniciou coa publicación da convocatoria o 24 de xaneiro de 2020 e foi obxecto de suspensión o 14 de marzo de 2020, por mor da declaración do estado de alarma.

Con data do 13 de xullo de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 10 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 30 de decembro de 2019.

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, logo do requirimento de emenda da documentación, avaliadas as devanditas solicitudes pola Comisión de Valoración e vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña, a seguinte entidade, en aplicación dos criterios de valoración e do baremo do punto décimo primeiro do anexo I da Resolución do 30 de decembro de 2019:

Nº de

expediente

Entidade

NIF

Calidade técnica da intervención

Características do Ciema. Equipamento e recursos técnicos

Medios persoais

Experiencia profesional

Importe da cantidade xustificada

Total

BS213C-1

Fundación Diagrama Intervención Psicosocial

G73038457

25,05

6

0

5

20

56,05

Segundo. Non seleccionar para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña, a seguinte entidade, en aplicación dos criterios de valoración e do baremo do punto décimo primeiro do anexo I da Resolución do 30 de decembro de 2019:

Nº de

expediente

Entidade

NIF

Calidade técnica da intervención

Características do Ciema. Equipamento e recursos técnicos

Medios persoais

Experiencia profesional

Importe da cantidade xustificada

Total

BS213C-2

Fundación Camiña Social

G27381797

30,4

15

0

5

2,88

53,28

Terceiro. Asinar o convenio coa entidade seleccionada con data límite do 1 de outubro de 2020.

Tendo en conta a paralización e a reactivación dos prazos administrativos derivados do estado de alarma, no caso de que o 2 de agosto de 2020 a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial non contase con permiso de inicio de actividades para o Ciema, ou non cumprise calquera outro dos requisitos fixados no procedemento, ditarase resolución en que se declare decaída no seu dereito e se designe como entidade seleccionada para a sinatura do convenio a seguinte entidade que obtivese maior puntuación de entre as valoradas no proceso de selección. Procederase á sinatura do convenio coa entidade seguinte que cumpra os requisitos exixidos na convocatoria, seleccionada pola orde en que quedasen clasificadas as propostas.

Cuarto. A resolución ditada neste procedemento esgota a vía administrativa e contra ela pode interporse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda rexeitada.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interporse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no número décimo cuarto da Resolución do 30 de decembro de 2019.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2020. Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social».