Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29772

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 17 de xullo de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o día 1 de outubro de 2020, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2020

Breogán Enrique Cinza Cabarcos
Presidente do tribunal