Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29768

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2020 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Física.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 26 de decembro de 2014 (publicado no BOE do 29 de xaneiro de 2015, mediante a Resolución do secretario xeral de Universidades do 9 de xaneiro de 2015).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Física, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Máster universitario en Física

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

6

Optativas

42

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

Física computacional avanzada

6

OB

Materia obrigatoria

Teoría cuántica de campos

6

OP

Especialidade en física nuclear e de partículas

Física de partículas I

6

OP

Física de partículas II

6

OP

Estrutura e astrofísica nuclear

6

OP

Ampliación estado sólido I

3

OP

Especialidade en física da materia

Ampliación estado sólido II

3

OP

Estrutura electrónica de sólidos

3

OP

Mecánica estatística I

3

OP

Mecánica estatística II

3

OP

Física de superficies e interfases

3

OP

Caracterización experimental da estrutura da materia

3

OP

Estado líquido

3

OP

Óptica de Fourier

3

OP

Especialidade en física da luz e a radiación

Óptica non lineal

3

OP

Óptica cuántica

3

OP

Materiais fotónicos

3

OP

Radiación e propagación electromagnética

3

OP

Óptica integrada

3

OP

Fibras ópticas e comunicacións

3

OP

Deseño e instrumentación óptica

3

OP

Mecánica cuántica avanzada

3

OP

Especialidade en física fundamental

Física de fluídos

3

OP

Electrodinámica clásica

3

OP

Acústica

3

OP

Fenómenos de transporte

3

OP

Interacción radiación-materia

3

OP

Física médica e dosimetría

3

OP

Física ambiental

3

OP

Teórica cuántica de campos avanzada

3

OP

Optativas libres

Física matemática

3

OP

Física de astropartículas

3

OP

Teoría cuántica da información

3

OP

Técnicas experimentais en fotónica

3

OP

Bioelectromagnetismo

3

OP

Electróns altamente correlacionados

3

OP

Detectores e aceleradores

3

OP

Técnicas de análise e simulación en física nuclear e de partículas

3

OP

Técnicas experimentais en física nuclear

3

OP

Fenómenos críticos

3

OP

Sistemas nanoestruturados

3

OP

Física non lineal

3

OP

Física de polímeros

3

OP

Microfluídos

3

OP

Física atmosférica

3

OP

Sensores e procesado de sinal

3

OP

Traballo fin de máster

12

OB

Traballo fin de máster

As especialidades que se ofertan nesta titulación son:

– Especialidade en Física Nuclear e de Partículas.

– Especialidade en Física da Materia.

– Especialidade en Física da Luz e a Radiación.

– Especialidade en Física Fundamental.

Para obter o título de máster universitario en Física, do total dos créditos propostos, o alumno deberá cursar os 6 créditos obrigatorios, 12 créditos do traballo fin de máster, 24 correspondentes a materias dos bloques de optativas vinculadas correspondentes a calquera especialidade e os outros restantes (18) pode elixilos entre os contidos no catálogo de optativas libres ou vinculadas.

Os alumnos tamén poderán optar por obter algunha das especialidades previstas neste máster, para o cal deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Cursar un mínimo de 12 ECTS de materias vinculadas á especialidade elixida.

b) Realizar o TFM vinculado á dita especialidade.