Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 29 de xullo de 2020 Páx. 29906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de xullo de 2020, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica o trámite de audiencia efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, clave AC/06/140.01, no concello de Zas, por enderezo descoñecido.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, resultando descoñecido o domicilio dos titulares, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o trámite de audiencia efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, clave AC/06/140.01.75, no concello de Zas.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da Axencia Galega de Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento. A dita comparecencia deberá ser confirmada a través do sistema de cita previa no teléfono 981 18 48 69. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A Coruña, 14 de xullo de 2020

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Predio

Interesados

Acto que se notifica

AC/06/140.01.75

891

Hdros. de Clarisa Garrido Fernández

Trámite de audiencia