Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 29 de xullo de 2020 Páx. 29907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 13 de xullo de 2020, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 15 de xaneiro de 2020 ditada no expediente sancionador LU-S-10/2019, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, de 2 de outubro), notifícaselle á titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpor recurso de alzada, ante a Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realízase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De no efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

Lugo, 13 de xullo de 2020

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-S-10/2019.

Denunciada: Vanessa Delmondes Lima.

Establecemento: Café-Bar Gran Vía.

Enderezo: rúa Gran Vía, 22.

Localidade: Sarria-Lugo.

Precepto infrinxido: artigo 35, alíneas f) e g) da Lei 7/2011.

Tipo de infracción: artigo109.2, alíneas a) e b) da Lei 7/2011.

Cualificación: leve.

Resolución: 15 de xaneiro de 2020.

Sanción: multa de douscentos euros (200 €).