Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 29 de xullo de 2020 Páx. 29852

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 20 de xullo de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia polo Programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2020, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia do COVID-19 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).

Con data do 6 de febreiro de 2020 publicouse no DOG a Orde do 20 de decembro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG polo Programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2020 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).

Como consecuencia da situación creada pola evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, e ante a declaración da Organización Mundial da Saúde (OMS) como pandemia, as consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e de Economía, Emprego e Industria, co obxecto de garantir os dereitos de todas as entidades participantes, suspenderon a tramitación destes procedementos, pola Orde do 13 de marzo de 2020 (DOG núm. 55, do 20 de marzo).

Pola Resolución do 12 de maio de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 95, do 18 de maio), acordouse a continuación da tramitación dos procedementos das convocatorias abertas conxuntas.

Este período de suspensión dos procedementos obriga a un aprazamento na resolución e no comezo dos contratos sobre o establecido na Orde do 20 de decembro de 2019, polo que cómpre modificar a convocatoria para adaptala á situación actual.

Atendendo a estas consideracións xerais, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, no uso das atribucións que temos conferidas

ACORDAMOS:

Artigo único. Modificación da Orde do 20 de decembro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG polo Programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2020 (códigos de procedemento ED481A e IN606A)

1. Modifícase o primeiro parágrafo da alínea 1 do artigo 4, que queda redactado da seguinte maneira:

«1. A duración das axudas será dun máximo de tres anos, que se desenvolverán a partir do 1 de setembro de 2020».

2. Modifícase o primeiro parágrafo da alínea 6 do artigo 6, que queda redactado como segue:

«6. No caso de ter solicitado a axuda para estadía, antes do 1 de decembro de 2020 ou no prazo dun mes desde a data de comezo dos contratos no caso das persoas que acceden a través da lista de espera, a entidade beneficiaria deberá remitirlle á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain, segundo corresponda, a seguinte documentación:»

3. Do artigo 14 modifícase o seguinte parágrafo, que queda redactado da seguinte maneira:

«A data límite para a sinatura dos contratos, que se establecerá na resolución de adxudicación das axudas, será, en todo caso, antes do 1 de outubro de 2020, agás para as persoas non comunitarias que poderá ser ata o 31 de decembro de 2020».

4. Na alínea 3 do artigo 15 modifícase o período da primeira xustificación e queda redactada da seguinte maneira:

«3. A documentación indicada achegarase consonte a seguinte periodización:

Período xustificación

Documentación

Data límite presentación

1ª xustificación: desde o comezo do contrato a outubro de 2020, este incluído

A documentación indicada nas epígrafes a), c), e), f), g), h) do punto 2 deste artigo.

15 de decembro de 2020

Con esta xustificación libraranse os fondos pertencentes aos complementos por persoa contratada, destinados a cada unha das entidades beneficiarias, correspondente ao primeiro ano de contrato e aos contratos que efectivamente se enviasen con anterioridade a esta data.

5. Modifícase o primeiro parágrafo da alínea 2 do artigo 19, que queda redactado como segue:

«2. En ambas as modalidades poderase adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 31 de decembro de 2020. Para cubrir estas renuncias seguirase a prelación das listas de espera definidas no artigo 11.6, tendo en conta que soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera da modalidade e do órgano instrutor nos que se produza a renuncia».

6. Modifícase o cadro do artigo 22, que queda da seguinte maneira:

Mod.

Entidade beneficiaria

Nº axudas

Aplicación orzamentaria (e código de proxecto)

Crédito (en euros)

2020

2021

2022

2023

Total

A

Universidades do SUG (FSE)

50

10.40.561B.444.0

(2015 00436)

167.995,67

1.007.974,00

1.007.974,00

839.978,33

3.023.922,00

A

Universidades do SUG (Fondo propio)

50

10.40.561B.444.0

(2016 00129)

90.337,67

592.026,00

292.026,00

201.688,33

1.176.078,00

Total modalidade A SUG

50

258.333,34

1.600.000,00

1.300.000,00

1.041.666,66

4.200.000,00

B

Universidades do SUG

40

10.40.561B.444.0

(2016 00129)

192.666,67

1.196.000,00

956.000,00

763.333,33

3.108.000,00

Total universidades do SUG

90

451.000,01

2.796.000,00

2.256.000,00

1.804.999,99

7.308.000,00

A

Demais entidades indicadas no artigo 2.1

5

09.A3.561A.480.0

(2016 00004)

25.833,30

160.000,00

130.000,00

104.166,70

420.000,00

A

Demais entidades indicadas no artigo 2.1

2

09.A3.561A.403.0

(2016 00004)

10.333,32

64.000,00

52.000,00

41.666,68

168.000,00

Total modalidade A Gain

7

36.166,62

224.000,00

182.000,00

145.833,38

588.000,00

B

Demais entidades indicadas no artigo 2.1

2

09.A3.561A.480.0

(2016 00004)

9.633,32

59.800,00

47.800,00

38.166,68

155.400,00

B

Demais entidades indicadas no artigo 2.1

1

09.A3.561A.403.0

(2016 00004)

4.816,66

29.900,00

23.900,00

19.083,34

77.700,00

Total modalidade B Gain

3

14.449,98

89.700,00

71.700,00

57.250,02

233.100,00

Total outras entidades

10

50.616,60

313.700,00

253.700,00

203.083,40

821.100,00

Total axudas

100

 

501.616,61

3.109.700,00

2.509.700,00

2.008.083,39

8.129.100,00

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2020

Carmen Pomar Tojo

Francisco Conde López

Conselleira de Educación, Universidade

Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

e Formación Profesional

e presidente da Axencia Galega de Innovación