Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 30 de xullo de 2020 Páx. 30053

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 20 de xullo de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Advertido un erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 150, do 28 de xullo de 2020, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 29772, parágrafo primeiro, quinta alínea, onde di: «...convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo)», debe dicir: «...convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo)».