Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 30 de xullo de 2020 Páx. 30048

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2020 pola que se regula o funcionamento e se establece a composición da comisión de funcionarización que desenvolverá os procesos de funcionarización convocados ao abeiro do establecido no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

A disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e a disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, establecen as previsións necesarias para facer posible a funcionarización do persoal laboral fixo que realiza funcións ou desempeña postos de traballo de persoal funcionario.

O Decreto 165/2019, do 26 de decembro, establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

O artigo 5 do mencionado decreto procede á creación da comisión de funcionarización como órgano de selección encargado de desenvolver os procesos de funcionarización que se convoquen.

Mediante a presente resolución pretende regularse a composición e o funcionamento da comisión de funcionarización.

A presente resolución adecúase aos principios de boa regulación previstos no artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, relativos á necesidade, eficacia, proporcionalidade, seguridade xurídica, transparencia e eficiencia.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 38, 43.3 e 44 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

A comisión de funcionarización (en diante, a comisión) é o órgano colexiado encargado da execución dos procesos de funcionarización que teñan como obxecto posibilitar que o persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia adquira a condición de persoal funcionario de carreira.

Artigo 2. Composición e competencias

1. A comisión estará integrada por un máximo de nove persoas designadas pola persoa titular da consellería competente en materia de función pública, coa concreta composición que se especifica no anexo da presente resolución.

2. Os seus membros terán a condición de funcionarios de carreira de corpos ou escalas para cuxo aceso sexa requisito un nivel de titulación igual ou superior ao do corpo ou escala en cuxa selección interveñan.

3. O nomeamento e o cesamento serán discrecionais.

4. A composición da comisión adecuarase ao criterio de paridade entre homes e mulleres.

5. As persoas que teñan asignadas as funcións correspondentes á presidencia e á secretaría, que actuará con voz e voto, serán designadas entre o persoal adscrito á Dirección Xeral da Función Pública.

6. A Subdirección de Desenvolvemento e Avaliación Profesional será o órgano de apoio á comisión na organización e execución dos procesos que se lle encomenden.

7. As persoas integrantes da comisión coidarán da obxectividade do proceso e da estrita observancia das bases da convocatoria e demais normativa aplicable.

8. As funcións da comisión serán as establecidas no artigo 5 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro.

Artigo 3. Persoal colaborador

1. A persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública poderá nomear o persoal necesario para colaborar no desenvolvemento dos procesos de funcionarización.

2. A comisión poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas de acordo co previsto nas convocatorias dos procesos.

Artigo 4. Abstención

Os membros da comisión e os asesores especialistas que estean incursos nalgún dos supostos de abstención dos establecidos na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, non poderán participar no proceso en que por esas causas estean afectados.

Artigo 5. Clasificación e sesións

A comisión terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación como membro da comisión implicará a autorización da orde de servizo para que poida desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o número máximo de sesións autorizadas e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

Artigo 6. Réxime de recursos

Os acordos adoptados pola comisión poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, consonte a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2020

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

– Comisión de funcionarización para os procesos que teñan como obxecto o ingreso no corpo superior e facultativo superior.

Presidencia: Rubén Plaza Martínez, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Secretaría: Alba Flavia Suárez Nieto, funcionaria de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal: Víctor Gallego Víncent, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal: Laura María González-Dopeso Portela, funcionaria de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal: Pablo Leis Mol, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas (subgrupo A1).

Presidencia suplente: Ana Belén Díaz Fernández, funcionaria de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Secretaría suplente: Víctor Manuel Tubío Villar, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal suplente: Eva María Sanín Mariño, funcionaria de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal suplente: María Eugenia de Pascual Grasa, funcionaria de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal suplente: Pedro Felipe Pedrouzo Devesa, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

– Comisión de funcionarización para os procesos que teñan como obxecto o ingreso nos corpos de xestión, facultativo de grao medio, técnico de carácter facultativo, administrativo, axudante de carácter facultativo, auxiliar, auxiliar de carácter técnico e agrupación profesional de persoal funcionario.

Presidencia: Rubén Plaza Martínez, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Secretaría: María Isabel Vázquez Rodríguez, funcionaria de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).

Vogal: Víctor Gallego Víncent, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal: Laura María González-Dopeso Portela, funcionaria de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal: Pablo Leis Mol, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas (subgrupo A1).

Presidencia suplente: Ana Belén Díaz Fernández, funcionaria de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Secretaría suplente: Alba Flavia Suárez Nieto, funcionaria de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal suplente: Víctor Manuel Tubío Villar, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal suplente: María Eugenia de Pascual Grasa, funcionaria de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal suplente: Pedro Felipe Pedrouzo Devesa, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).