Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 31 de xullo de 2020 Páx. 30256

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 24 de xullo de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o 14 de outubro de 2020, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas, na aula número 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no Polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, nº 2-4, Santiago de Compostela.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2020

Francisco Rosendo Alonso Fernández
Presidente do tribunal