Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 31 de xullo de 2020 Páx. 30258

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

O Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada por COVID-19, estableceu, na súa disposición adicional terceira, a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público.

Ao abeiro desa disposición, os procesos selectivos que estaba desenvolvendo a Dirección Xeral da Función Pública e tiñan pendente de realizar algún exercicio quedaron suspendidos. Tal era o caso do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

Xa que a Resolución do 20 de maio de 2020, do Congreso dos Deputados, pola que se ordena a publicación do acordo de autorización da prórroga do estado de alarma, estableceu, no seu punto décimo, a derrogación da disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, a Dirección Xeral da Función Pública ditou a Resolución do 4 de xuño de 2020 pola que se acorda realizar as probas presenciais daqueles procesos selectivos que se estaban desenvolvendo antes da declaración do estado de alarma a partir do 1 de outubro de 2020 (DOG núm. 114, do 12 de xuño).

Así pois, en sesión que tivo lugar o 27 de xullo de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o 14 de outubro de 2020, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas, na aula núm. 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2020

Laura Mª González-Carreró Fojón
Presidenta do tribunal