Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 31 de xullo de 2020 Páx. 30260

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2020, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 27 de xullo de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificado pola Orde do 6 de setembro de 2019 (DOG núm. 171, 10 de setembro) e pola Orde do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 210, do 5 de novembro), adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. De conformidade co establecido na base II.1.1.3 da orde da convocatoria do proceso selectivo, convócanse para a realización da primeira proba do terceiro exercicio as seguintes persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio e que non acreditaron o nivel de coñecemento da lingua inglesa correspondente a un nivel B2, ou superior, dentro do Marco común europeo de referencia:

– Promoción interna:

NIF

Apelidos, nome

***6629**

Bueno Capeáns, Paulo

***3651**

Marcos Doldán, Eva

***9658**

Mosquera Mato, Diego

***0916**

Valiño García, Juan Antonio

***1963**

Varela Iglesias, Ricardo

***7058**

Vidal Ces, David

– Acceso libre:

NIF

Apelidos, nome

***2048**

Carral Sánchez, Luis

***6777**

Ferreiros Ordóñez, Susana

***1211**

Laya Picado, Jose María

***9663**

Requeijo Figueiras, José

***5815**

Vázquez Rodríguez, José Manuel

***2592**

Vilariño Fidalgo, Tomás

Segundo. De conformidade co establecido na base II.1.1.3 da orde da convocatoria do proceso selectivo, convócanse para a realización da segunda proba do terceiro exercicio as seguintes persoas aspirantes e que superaron o segundo exercicio que non acreditaron, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

– Acceso libre:

NIF

Apelidos, nome

***2048**

Carral Sánchez, Luis

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, o terceiro exercicio da oposición terá lugar o 13 de outubro de 2020, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela. A segunda proba iniciarase unha vez que todas as persoas aspirantes finalicen a primeira proba do terceiro exercicio do proceso selectivo.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2020

Javier Páez González
Presidente do tribunal