De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o Pleno do Concello de Arteixo en sesión ordinaria que tivo lugar o 15 de xuño de 2020 adoptou o Acordo de aprobación inicial do proxecto de expropiación urbanística polo sistema de taxación conxunta, para execución de planeamento para mellora de interseccións na travesía de Pastoriza co paseo de Santuario e a rúa Igrexa, Arteixo, asinado por Isidro López Yáñez, arquitecto colexiado numero 2261, e por Beatriz Blanco Lois, enxeñeira técnica agrícola colexiada número 1909, que tivo entrada no Rexistro Municipal o 13 de febreiro de 2019 e a súa addenda do 22 seguinte. Así mesmo, acordouse someter o referido proxecto a información pública por período dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio, como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.
A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:
Predio |
Ref. catastral |
Titular |
DNI |
Superficie afectada (m2) |
Bens afectados |
|
1 |
3482302NH4938S0001YA |
Mercedes Corgo Souto |
***4578** |
41 |
1 |
Ud. vivenda en ruína |
2 |
3482304NH4938S0001QA |
María del Carmen González Folgar (66,66 %) |
***0350** |
38 |
1 |
Ud. vivenda en ruína |
Carlos González Torres (33,33 %) |
***4977** |
|||||
3 |
3482303NH4938S0001GA |
María Isabel Zas Varela (propietaria) |
*** 1716** |
82 |
1 |
Ud. vivenda |
1 |
Ud. galpón bloque e fibrocemento (19 m2) |
|||||
NCG Banco, S.A. (executor procedemento apremio) |
- |
|||||
1 |
Ud. galpón bloque e fibrocemento (26 m2) |
|||||
1 |
Ud. traslado portal |
|||||
4 |
3482328NH4938S0001WA |
Descoñecido |
- |
37 |
1 |
Ud. traslado portal |
1 |
Ud. galpón bloque e fibrocemento (35 m2) |
|||||
41 |
m2 de muro de bloque |
|||||
5 |
3482301NH4938S0001BA |
Eulogio Gestal Varela e María Luisa Zas Varela (55,30 % ganancial) |
***0973** y ***3055** |
39 |
||
María Luz Gestal Zas (14,90 %) |
***5183** |
|||||
Roberto Gestal Zas (14,90 %) |
*** 7872** |
|||||
José María Gestal Zas (14,90 %) |
***6519** |
|||||
Abanca (acredor hipotecario) |
*** 3020** |
|||||
6 |
3583908NH4938S0001SA |
Mercedes García Sande |
***9529** |
51 |
1 |
Ud. vivenda en ruína |
7 |
3583907NH4938S0001EA |
Mercedes García Sande |
***9529** |
46 |
||
8 |
3684303NH4938S0001OA |
Dalgui Promociones, S.L. (propietario) |
***7045** |
83 |
1 |
Ud. vivenda en ruína |
Prosil Acquisition, S.A. (titular dereito crédito) |
***8497** |
|||||
Estado-Facenda Pública (executor procedemento apremio) |
***2600** |
|||||
9 |
3684302NH4938S0001MA |
Dalgui Promociones, S.L. (propietario) |
*** 7045** |
105 |
1 |
Traslado portal |
1 |
Ud. galpón bloque e fibrocemento (18 m2) |
|||||
Prosil Acquisition, S.A. (titular dereito crédito) |
***8497** |
1 |
Ud. galpón ladrillo (18 m2) |
|||
Estado-Facenda Pública (executor procedemento apremio) |
***2600** |
|||||
1 |
Ud. vivenda en ruína |
Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, número 249, 3ª planta, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, ignórese o lugar da notificación, ou ben tentada esta non se puido practicar, sirva a presente de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.
Arteixo, 23 de xuño de 2020
O alcalde
P.D. (Decreto 416/2020)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo e Patrimonio