Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 3 de agosto de 2020 Páx. 30373

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 23 de xullo de 2020 pola que se fai pública a relación de persoal docente que se adscribe ao Instituto de Educación Secundaria Rego da Trabe de Culleredo, como consecuencia do traslado das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas e bacharelato do IES Universidade Laboral ao IES Rego da Trabe, ambos do concello de Culleredo.

Mediante Orde do 17 de febreiro de 2020 (DOG do 24 de febreiro) trasládanse as ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas e bacharelato do IES Universidade Laboral ao IES Rego da Trabe, ambos do concello de Culleredo.

No artigo 2 da citada orde establécese que ao profesorado con destino definitivo no IES Universidade Laboral de Culleredo afectado polo previsto na orde resultaralle de aplicación o disposto no Decreto 140/2006, do 31 de agosto, que determina os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo de antigüidade no centro en función das causas de acceso a el.

Analizadas as novas necesidades de persoal docente do IES Rego da Trabe, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Relación de persoal adscrito

En aplicación do artigo 2 da Orde do 17 de febreiro de 2020 pola que se trasladan as ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas e bacharelato do IES Universidade Laboral ao IES Rego da Trabe, ambos do concello de Culleredo, faise pública, como anexo a esta orde, a relación de profesorado que se adscribe con carácter definitivo ao IES Rego da Trabe, con efectividade do 1 de setembro de 2020.

A adscrición realízase na mesma especialidade que están a desempeñar con destino definitivo no IES Universidade Laboral.

Artigo 2. Antigüidade no novo centro

O persoal docente que se relaciona no anexo manterá, para todos os efectos de antigüidade no novo centro, a xerada no seu centro de orixe.

Artigo 3. Recursos

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO

DNI

1º apelido

2º apelido

Nome

***3448**

Iglesias

Mareque

José Ramón

***3846**

Vargas

Novoa

Teresa

***5657**

García-Bernalt

Alonso

María Luisa

***7263**

Hurtado

Bodelón

Jesús

***8989**

Nogareda

Marzoa

María

***5356**

Vázquez

Cancelo

María José

***3018**

Mazas

Brandariz

Diego

***1110**

Vázquez

Quindimil

María Raquel

***2610**

Tajes

Gómez

Manuel

***3148**

Egea

Lapina

Rosario

***7694**

Martínez

Peón

María José