Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 5 de agosto de 2020 Páx. 31250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira), para seren notificados por comparecencia de trámites de audiencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), aos propietarios da zona de concentración parcelaria de Aro-Campelo-Gonte (Negreira) que figuran no anexo, para ser notificados por comparecencia de trámites de audiencia de propostas de modificación do acordo de concentración da dita zona, que lles afectan.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias desde servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberáse efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 22 de xullo de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto notificado

Zona de concentración

33147644K

Trámite de audiencia

Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira)

Domingo Suárez Pais

Trámite de audiencia

Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira)