Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 5 de agosto de 2020 Páx. 31251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de xullo de 2020, do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Benza (Trazo-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Benza (Trazo-A Coruña) que, con data do 15 de xullo de 2020, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que deseguido se cita:

«En cumprimento do establecido no artigo 35 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, unha vez revisada a documentación e planos que o compoñen, polo presente acto apróbase o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Benza (Trazo-A Coruña).

Conforme o disposto no número 3 do artigo 16 da dita lei, queda disolta a xunta local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal ou da publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse na Xefatura Territorial da Coruña (Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2), nas oficinas centrais da consellería, en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n), ou en calquera das dependencias a que fai referencia a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 22 de xullo de 2020

Ana Arizón Fanlo
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias