Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 5 de agosto de 2020 Páx. 31252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Cordal II e Pafer.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Cordal II e Pafer e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escritos do 7 de xaneiro de 2020, Ramón Sineiro Martínez solicitou autorización para a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Cordal II e Pafer.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Manuel Sineiro Vieitez (***8860**), Encarnación Sineiro Martínez (***4706**), Manuel Sineiro Martínez (***5201**), Ramón Sineiro Martínez (***5785**), María Dolores Sineiro Martínez (***6486**) e María José Sineiro Martínez (***7277**), das concesións que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Cordal II.

Situación:

Cuadrícula nº: 336.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 25.11.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Pafer.

Situación:

Cuadrícula nº: 45.

Polígono: D.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis) e vieira (Pecten maximus).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 21.6.1972.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Manuel Sineiro Vieitez (***8860**) e Encarnación Martínez Chaves (***4605**).

Novos titulares: Manuel Sineiro Vieitez (***8860**), Encarnación Sineiro Martínez (***4706**), Manuel Sineiro Martínez (***5201**), Ramón Sineiro Martínez (***5785**), María Dolores Sineiro Martínez (***6486**) e María José Sineiro Martínez (***7277**).

Os novos titulares das concesións subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 23 de xuño de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo