Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 5 de agosto de 2020 Páx. 31255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, polo que se dá publicidade da Resolución do 21 de xullo de 2020 pola que se ratifica a adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores Virgen del Carmen de Arcade.

Para dar cumprimento ao previsto no artigo 4.4 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, faise pública a resolución ditada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, o 21 de xullo de 2020, pola que se ratifica a adaptación ao citado decreto dos estatutos da Confraría de Pescadores Virgen del Carmen de Arcade e se acorda a súa inscrición no tomo II, libro 6, volume 1 do Rexistro de Confrarías e das súas Federacións, acto que lles atribúe eficacia xurídica, consonte o disposto no artigo 2.2 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2020

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro